21 dic 2012
2.012: Un ano desastroso para a Sanidade Pública
Cando se cumpre un ano do goberno de Mariano Rajoy, e esta recente o triunfo electoral de Nuñez Feijoo en Galicia desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que a Sanidade Pública, atópase abocada ao desastre, a pesar das promesas realizadas:
- Recortes brutais nos orzamentos sanitario.
- Cambio do modelo sanitario, pasando dun modelo universal a outro baseado no aseguramiento que exclúe a colectivos desprotexidos.
- Establecemento de copagos xeneralizados, para medicamentos, para transporte sanitario, dietoterapia, prótese e ortesis.
- Ruptura da Carteira de prestacións do Sistema Nacional de Saúde, coa ameaza de sacar da carteira básica, e polo tanto das que son gratuítas, numerosas prestacións (os documentos falan de reprodución asistida, mamografías, etc).
- Recortes orzamentarios que se concretaron en diminucións de persoal (non se repón xubilacións, péchanse camas e de servizos, de puntos de atención urxentes, non se substitúen aos medicos de baixa , etc. O Plan de Mellora de Atención Primaria segue paralizado.
- Privatizacións xeneralizadas (central de compras, almacéns, informática,...).
- Paralización da construción dos hospitais de Vigo e o de Pontevedra, e dos Plans Directorios do resto de centros hospitalarios.
- Paralización da construción e apertura dos novos centros de saúde (nin un só de 15 previstos dun total de 66 necesarios).
- Mantemento do hospital privado POVISA como hospital de área pese a súas deficiencias.
- Inicio do Desmantelamento das áreas sanitarias do Barco de Valdeorras,, Monforte, etc.
- Desmantelamento unidades tratamento da SIDA e drogodependencias.
- Reducións salariais aos traballadores sanitarios.
- Incremento das listas de espera nun 30%.
En resumo desmantelamento e recortes xeneralizados do sistema sanitario, empeoramento da atención, incumprimento das promesas do electorais de Nuñez Feijoo e avance da privatización.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: