1 nov 2012
Despois das eleccións, a loita por unha sanidade universal, pública e gratuíta continúa
Despois de celebradas as eleccións autonómicas, desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, queremos manifestar o seguinte:
- Que existe unha maioría de cangueses e canguesas que o pasado 21 de outubro optaron nas urnas polas opcións que se pronunciaban en contra dos copagos, dos recortes e das privatizacións nos servizos públicos, sendo derrotado o partido que goberna nestes momentos en Madrid e Compostela, ao obter unha cantidade de votos considerablemente inferior en Cangas. A cidadanía tiña motivos abondo para expresarse desta maneira diante da pasividade e os incumprimentos de compromisos adquiridos polo Partido Popular como son a non construción do Centro de Alta Resolución do Morrazo, do centro de saúde de Aldán-O Hío e a redución do proxecto do Novo Hospital de Vigo que só beneficia a POVISA.
- Que tal como indican estes resultados, sentímonos especialmente animados a continuar a loita contra as medidas, aínda máis duras, que están por vir co rescate que se anuncia e que ameaza con proseguir coa demolición dos servizos públicos en xeral e do sistema público de saúde en particular. Neste sentido, desde a Plataforma tentaremos impulsar en Cangas as alianzas necesarias co resto do movemento social e sindical para, nun proceso realmente aberto, participativo e sen exclusións, articular as iniciativas e convocatorias de resposta ás agresións que, coa excusa da crise, está a perpetrar o gran capital financieiro e transnacional a través dos gobernos títeres que non nos representan.
- Que, sendo a Plataforma unha iniciativa cidadá, apoiamos a convocatoria de Folga Xeral para o próximo 14 de novembro feita polas centrais sindicais, xa que consideramos que para parar o saqueo ao que estamos sometidos é necesaria a mobilización de todos e todas os que día tras día ven disminuidos e recortados os seus dereitos sociais e laborais.
Cangas, 31 de outubro de 2.012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: