20 oct 2012

postheadericon Feijoo recoñece que o Novo Hospital de Vigo sufrirá importantes recortes

Antes as declaracións do SERGAS e de Núñez Feijoo nas que recoñece que o Novo Hospital de Vigo sufriu serios recortes, que atribúe a Concesionaria, e que renuncia a construír novos centros pola Iniciativa de Financiamento Privado (PFI) polos elevados custos da mesma, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que :

  1. O SERGAS recoñece por fin que as denuncias que desde fai de tres anos vén realizando a nosa Asociación e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, dos recortes do Novo Hospital. A realidade a longo prazo é imposible de ocultar, polo que ata un mentireiro compulsivo ten que acabar recoñecendo a verdade.
  2. Nuñez Feijoo asume o último dia de campaña que a obra do Novo Hoispital de Vigo sufriu serios recortes, que atribúe á Concesionaria privada, e dos que non se enterou ata agora. É inconcibible que os planos e as obras dun edificio tan enorme poidan ser levados a cabo sen ningún control por parte da Aministración Sanitaria, maxime cando estes foron denunciados reiteradamente por esta Plataforma, á que se acusou sistematicamente de mentireira.
  3. A realidade e que estes recortes foron impulsados polo propio SERGAS para facilitar o negocio ás empresas privadas concesionarias e para manter a POVISA como hospital de área. Se isto non fose así a actual administración sanitaria non cumpriu coas súas obrigacións de supervizar o desenvolvemento das obras ou é dunha incapacidade incompatible coa función de gobernar
  4. Feijoo recoñece agora que renuncia ao financiamento privado das novas infraestruturas sanitarias por que non pode pagalas dados as súas elevadísimos custos. Este modelo de privatización de hospitais non é máis que un artificio contable para acometer infraestruturas públicas para garantir o beneficio privado das empresas concesionarias, Presidente, anuncia hoxe nun exercicio de cinismo político, que aínda non vanse se van a seguir utilizando fórmulas de colaboración público-privadas para la construción de hospitais, EL DE VIGO NO HAY MÁS REMEDIO QUE CONTINUARLO. Por culpa da PFI na construción do hospital leva tres anos de retraso cando as elevadísimas listas de espera obrigan a trasladar pacientes a Pontevedra. O SERGAS, concedió a ACCIONA una prórroga de tres meses para entregar a obra
  5. Esiximos que a Nova Administración que saia das eleccións asuma o compromiso de devolver o financiamento e construción da obra ao sistema público (pedindo a indemnización correspondente á Concesionaria polo incumprimento do contrato), que se restituían os servizos eliminados do proxecto e que se recuperen as camas de POVISA para que este hospital deixe de ter o Concerto Singular e a responsabilidade de atender ás poboacións do Cangas, Moaña, Coia e Valmiñor.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger