14 sept 2012

postheadericon Centro de saúde de Aldán-O Hío: un ano perdido e 270.000 € esfumados

O 16 de setembro de 2.011, o Pleno do Concello de Cangas acordaba por unanimidade instar á Xunta de Galicia para que dunha vez por todas dese comezo a construción do centro de saúde de Aldán-O Hío. Pasado un ano exactamente, hoxe estamos no mesmo punto, é dicir, os grupos políticos volven “instar”. Resultado: un ano perdido. Será este o último?
O Concello de Cangas xa ten adquirido pola cuantiosa cifra de 400.000 € uns terreos no Viso. Un diñeiro de todos e todas nós que leva anos a monte. Este mes de maio o Alcalde asinaba coa Xunta a escritura da cesión definitiva da parcela. A que están esperando?
Nos orzamentos de 2012 aprobados polo Parlamento de Galicia aparecía a asignación de 270.859,50 € para o centro de saúde. Se temos en conta que o exercicio presupostario remata este mes de setembro, de non estar executada esa cantidade, non existe a certeza de que volva aparecer no exercicio 2.013. É o resultado dun ano perdido.
Lembramos, ademáis, que con anterioridade, no mes de maio do ano pasado o Alcalde, exercendo de portavoz da Consellería de Sanidade, declaraba que o centro de saúde estaría rematado antes de que finalizase 2.012.
Sen embargo, as declaracións e os feitos foron distanciándose máis e máis. Desde entón a “xestión” do Sr. Sotelo e da Consellería foron: as mentiras e os enredos. Desde afirmar que o proxecto viña de camiño (aínda non o vimos por ningures), ata dicir públicamente que a Conselleira de Sanidade visitaría Cangas (aínda a estamos esperando). Tamén houbo incompetencia: é ben ilustrativo diso o silencio do Alcalde ante o anuncio feito polo Presidente da Xunta de que se ían adxudicar en novembro 14 novos centros de saúde en Galicia, relación na que non aparecía o de Aldán-O Hío.
A responsabilidade desta situación está clara. É dos mesmos que teñen paralizado o Novo Hospital de Vigo por empeñarse en contruílo pola vía privada; dos mesmos que meteron no caixón o proxecto do Centro de Alta Resolución do Morrazo que estaba previsto situar na Rúa.
Un balance de enganos e incumprimentos da Xunta con Cangas contando coa complicidade necesaria do Alcalde e do seu equipo de desgoberno.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger