1 ago 2012

postheadericon A AGDSP sobre a paralización da construcción do Novo Hospital de Vigo

Tal como a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Publica de Vigo vén afirmando desde hai meses e malia a desinformación e os reiterados desmentidos do presidente Feijoo e da súa conselleira Mosquera, non hai fondos para o Novo Hospital de Vigo e a obra debe pararse.
Esta situación é a consecuencia lóxica da adxudicación do contrato para a construción e xestión do Novo Hospital á un consorcio empresarial integrado por Acciona, o Grupo Puentes y Calzadas e as entidades financeiras Caja de Ahorros del Mediterráneo, Bankia, Caja Ávila e Caja Segovia a pesar de que estas últimas estaban ao bordo da quebra e foron recapitalizadas posteiormente con diñeiro público.

A este aparente despropósito perpetrado pola Xunta de Galicia coa colaboración da multinacional Price Watehause Coopers onde Luís de Guindos ocupaba un cargo de alta responsabilidade antes de ser nomeado ministro, habería que sumar a redución de 68 mil metros no case clandestino proxecto construtivo coa finalidade de abaratar nuns 70 millóns de euros os custos do mesmo ás empresas adxudicatarias .
Ambas as cousas laminan o futuro asistencial do sur de Galicia, secularmente discriminado porque a riqueza económica que achega a Galicia non se ve correspondida en dotacións e infraestruturas sanitarias, unha carencia severa que crea un baleiro que ocupa o tan peculiar como perverso fenómeno POVISA, Policlínico de Vigo SA.
A insuficiencia do "encolleito" NHV - e ata certo punto a moi posible interrupción da obra- non son fenómenos casuais senón planificados para asegurar a POVISA - por certo coas escandalosamente peores demoras da CÁ- un futuro.
Recordamos que a Conselleira ata o seu nomeamento formaba parte do staff de dirección da empresa propietaria de POVISA.
Que todo isto aínda non se anunciou publicamente hai que velo en clave preelectoral pois é na área de Vigo onde tradicionalmente se produce o corremento dun ou dous deputados que fan que a mayoria parlamentaria caia ao lado do PP ou da oposición, tal como algunhas enquisas aventuran.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger