8 jul 2012
Represalia política contra xefe de servizo defensor da sanidade pública
Ante as noticias aparecidas en prensa sobre posibles irregularidades e arbitrariedades na convocatoria da Xefatura de Servizos de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
- Preténdese cesar a un xefe de servizo que leva desempeñando o cargo desde hai máis de 30 anos, cuxo servizo presentan un dos mellores indicadores de funcionamento dos hospitais galegos.
- Todos os indicios fan sospeitar que se trata dunha decisión política con catro finalidades ben concretas:
- - Unha represalia contra un profesional que desempeñou responsabilidades na Consellería de Sanidade no goberno bipartito integrado por PS de G-PSOE e BNG. É dicir un aviso a navegantes para quen se atrevan a comprometerse con administracións contrarias ao PP.
- - Facer evidente que calquera xefe de servizo non adepto ao réxime pode pór en perigo a súa continuidade no cargo
- - Sacar da xefatura de servizo a un profesional comprometido coa sanidade pública que fixo funcionar eficientemente un servizo hospitalario e que é contrario á política de recortes no mesmo.
- -Xerar un clima de temor entre os profesionais sanitarios para que acepten sen protestar, (co argumento da crise), os recortes de recursos nos seus servizos e nos seus dereitos laborais.
- Tanto a composición do tribunal como a falta de transparencia que rodea a convocatoria da praza fan sospeitar que a decisión esta adoptada de antemán e que vai dirixida a expulsar da xefatura ao Dr. Víctor Pedreira, destacado integrante da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública e da Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: