16 jul 2012
Recortes, recortes e máis recortes
Para acadar os obxectivos de Bruxelas, o E. Español deberá rebaixar o défice orzamentario ao 3% en 2014 para cumprir co chamado Pacto de Estabilidade. Para ilustrar tamaña escabechina de "aforro" de 65.000 millóns de euros ata 2014 vai o cadro adxunto, sacado dunha nota en inglés que o goberno de Rajoy quixo furtar aos xornalistas na rolda de prensa do outro día.
A suma do cadro dá 56.000 millóns. Aínda falta saber de onde van sacar os 9.000 millóns que non aparecen aí.
Como se pode apreciar:
- Acábase coa lei dependencia: tíranlle 3.000 millóns.
- Os parados non o teñen nada fácil: desaparecen 13.000 millóns para emprego.
- Os servizos públicos, nomeadamente educación e sanidade tócanlle 9.000 millóns menos.
- A recadación dos impostos indirectos, os que graban especialmente as rendas baixas, representan o dobre que os directos (sociedades e IRPF).
E o pior de todo é que nada garante que neste período de dous anos e medio decidan ampliar este saqueo ou que finalizado o mesmo non continúen ata que nos quiten o aire, aínda que, evidentemente, dependerá da resistencia que ofreza a cidadanía a estas draconianas medidas.
E nin que dicir ten os efectos contractivos destes recortes procíclicos, que agravando tanto a recesión, farán produndizar aínda máis unha crise inducida pola ideoloxía neoliberal causando grandes penurias e calamidades ao pobo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: