6 jul 2012

postheadericon Os 270.000 do Centro de Saúde de Aldán-O Hío corren o risco de perderse

O desinterés da Consellería de Sanidade e a pasividade do alcalde de Cangas poden facer perder os 270.000 euros que os orzamentos da Xunta de Galicia de 2012 destinaban para a construción do Centro de Saúde de Aldán-O Hío. Preguntámonos onde está ou onde foi parar esa importante cantidade, que representaría aproximadamente unha cuarta parte do investimento total da obra.
Tivo que pasar todo un ano desde que Sotelo chegou a alcaldía para asinar a escritura de cesión dos terreos. Aparte disto, os veciños e veciñas do Hío o único que saben é do escaqueo dos responsables da Consellería negándose a recibilos cando se lle piden explicacións do que está pasando e dos enredos do Alcalde afirmando que a dotación para o Centro de Saúde "é un invento dos periodistas".
A semana pasada, o Presidente da Xunta, Núñez Feijoo, anunciaba que no mes de novembro deste ano adxudicaríanse as obras de construción de 15 novos centros de saúde en Galicia. Na relación non aparece o de Aldán-O Hío. Isto preocupa porque non sabemos se vai quedar marxinado definitivamente ou se o asunto vai por outro camiño.
O señor Sotelo préstase gustoso a facer de portavoz da Consellería cando desde Santiago lle ofrecen o papel de tourear á xente. Nós non nos olvidamos que xa anunciou que o Centro de Saúde estaría construído antes de que finalizase este ano e, máis recentemente, que o anteproxecto estaría esta semana no Concello.
O Alcalde tira a pedra, pero non pode agachar a man; non pode eludir a súa responsabilidade cando lle convén. O Concello de Cangas ten feito un importantísimo gasto na adquisición dos terreos do Viso (400.000 euros) e o Alcalde debería poñerse da parte dos veciños para esixir que dunha vez por todas se dea comezo á obra do Centro de Saúde e non facer de parachoques da Consellería.
Programa electoral do Partido Popular
 
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas esixe aos gobernantes que cumpran os seus compromisos, xa que nas pasadas eleccións municipais o señor Sotelo pediulle os votos aos veciños e veciñas para construir o Centro de Saúde.
Tal como están as cousas e tendo en conta que o exercicio orzamentario autonómico finaliza no mes de setembro, só queda mobilizarse unha vez máis e con máis razón que nunca para evitar que se esfumen os 270.000 euros destinados ao Hío e quedemos sen aquela infraestrutura sanitaria tan necesaria para a parroquia.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger