15 jul 2012
Colectivos do Hío protestan por segunda vez esta semana polo atraso do centro de saúde
Os veciños concentráronse esta vez diante dos terreos adquiridos polo Concello de Cangas e cedidos ao Sergas
Preparada por moitos e anunciada por ningún, tivo lugar onte pola mañá unha concentración de protesta diante dos terreos que o Concello de Cangas adquirira cun préstamo para cedelos ao Sergas coa intención de que se construíse o centro de saúde Aldán-O Hío. É a segunda concentración desta semana pola mesma causa. A anterior foi o luns, cando os colectivos veciñais do Hío aproveitaron a estancia do alcalde José Enrique Sotelo (PP) na parroquia para facerlle chegar as súas queixas, para que as fixese chegar ao Sergas e coa intención de que pedise explicacións. Sotelo sorteou como puido aos veciños e produciuse un rifi rafe con eles, que non pasou por alto para ninguén.
Publicado en Faro de Vigo
![]() |
Representantes dos colectivos veciñais do Hío concentrados diante dos terreos adquiridos polo Concello para o centro. |
Publicado en Faro de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: