11 jun 2012

postheadericon SOS-Sanidade Pública ante o rescate

Despois da concesión por parte do Eurogrupo dun creto de 100.000 millóns de euros para financiar á banca a petición do goberno español, SOS Sanidade Pública quere manifestar a súa total oposición a que esta medida se faga de novo a recaer sobre as costas da cidadanía moi castigada xa pola crise e que, ademais, é totalmente inocente do descalabro do sistema financeiro.
SOS Sanidade Pública continuará a súa loita para impedir que coa desculpa do aumento do déficit público e da débeda pública que provocará nas contas do Estado (o avalista final do empréstito) os gobernos de Rajoy e Feijoo continúen coas súas políticas de retallamentos, repagamentos e privatizacións da Sanidade Pública.
SOS Sanidade Pública reitera que este rescate, consecuencia da crise financeira debe ser pagado polos seus responsables directos e polos que máis teñen, e non polas clases populares esquilmadas ata agora a base de suba dos impostos indirectos, taxas, aumento dos re-pagamentos e a diminución das coberturas sociais en xeral, que colocan a colectivos e sectores cada vez máis empobrecidos nos límites da exclusión social.
Finalmente, SOS Sanidade Pública colaborará con todas as iniciativas cidadás dispostas a pararlle os pes a este goberno dos banqueiros.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger