18 jun 2012

postheadericon Non é un rescate é unha estafa!!


A continuación vai o texto lido no remate da manifestación que tivo lugar o domingo, 17 de xuño, en Vigo baixo o lema "Este non é un rescate, é unha estafa".

Levamos xa case catro anos de feroz crise, e non se albisca a saída. Pero isto non é porque non exista, senón porque as solucións están ocultas detrás dunha maraña de mentiras que o governo, os bancos, e a Unión Europea, cómplices todos desta estafa, están a tecer para tratar de ocultar a realidade, que é a seguinte:

  1. Esta crise foi provocada pola preeminencia da especulación na vida económica, que fixo da especulación con bens básicos como a vivenda un negocio para uns poucos. Ou queren facernos esquencer a burbulla inmobiliaria, que eles impulsaron?.
  2. Esta especulación foi a causa da crise, como ben lembramos algúns. No 2007 caeron varios bancos, e tiveron que ser rescatados moitos outros polo Estado, tras o estoupido da burbulla inmobiliaria. Pretenden acaso ocultar este feito?. Cantos traballadores son culpables desta crise?.
  3. A causa da crise non é a débeda pública. Na Unión Europea, deseñada segundo os parámetros do capital financeiro dende un principio, as institucións financeiras, os bancos e fondos de inversión están a especular coa débeda pública para a súa particular saída cada adiante, gañando tempo para tratar de reparar os seus balances desfeitos pola súa propia burbulla inmobiliaria. Fan isto simplemente cargando o seu coste sobre todos mediante os recortes sociais, e usando a débeda dos estados como mecanismo de roubo da poboación. ¿Cómo se non pode entenderse que existan 100.000 millóns para a banca, e nada para educación, sanidade, dependencia e outros dereitos básicos?. Quen determina senón o prezo da débeda, senón os propios especuladores coas súas maniobras?
  4. Cando os países non poden mais, son rescatados. Pero non para protexer á cidadanía, senón para seguer a inxectar cartos nos bancos mediante o pago da débeda. Pasou en Grecia, en Portugal e en Irlanda, e agora pasará en España, se os deixamos. Ou a poboación grega está millor agora que antes do rescate?.
  5. Que non vos enganen. Este é un rescate que pagaremos todos. A Troika (o BCE, o FMI mais a Comisión Europea), e toda a prensa internacional, o ven como tal. E mesmo agora din que necesitaremos outro, porque o risco bancario segue aí. Ata cando seguiremos alimentando o pozo sen fondo da especulación financeira?.
  6. Esta estratexia pode levarse a cabo porque as nosas institucións democráticas so son formalmente democráticas. A influencia e poder político do capital financeiro vaciaron por completo a democracia que algunha vez tivemos, por moi imperfecta que fose. ¿Cómo se non entender a actitude deste governo, que fai o que nunca dixo que faría, e segue aí?. ¿Onde está a decencia democrática de todos eles?.
  7. En Bruxelas, os centros financeiros ou Madrid, non saben qué facer xa para solucionar o problema da especulación financeira, que amenaza con canibalizar Europa, agás exprimirnos a todos. Este rescate non é mais que un parche. Preténdese gañar tempo para evitar o inevitable, que é o colapso dos mercados financeiros. Pretende gañar tempo a costa de todos. Dalles igual o que pase, só queren salvar o seu negocio.

Pero é inevitable que ó final se produza o impago das débedas e a fin deste casino financeiro. As autoridades europeas pretenden impor, como testaferros do capital financeiro, unha humillación completa dos pobos de Europa e atalos a todos a unha débeda impagable por xeracións. Temos que dicir ben alto e ben claro que non tragamos coas súas mentiras. Que xa sabemos o que pasa, e que non estamos dispostos a pasar por ese aro. ASí que, eiquí reunidos, pedimos democracia e xustiza social. Agora mesmo, isto só pode acadarse mediante dous mecanismos:
  1. Un referendum vinculante para decidir sobre o rescate.
  2. Unha auditoría da débeda privada, e un proceso acelerado de quita da mesma que libere á economía productiva da losa de débeda improductiva e de orixe especulativo.

Basta Xa! Fagamos deste rescate o inicio da fin do proxecto neoliberal! Construamos a democracia, xusta e fraterna, que todos queremos!

NON AO RESCATE!!!

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger