19 jun 2012

postheadericon Intervencións na presentación en Vigo do libro "A saúde como negocio"

Cada xeneración parece valorar solo as conquistas que ela mesma con esforzo conseguiu, pero non aquelo que conseguiron as precedentes. Todo o demais que existe parecelle a cada xeneracion que se incorpora a maioria de edade civil e intelectual, un estado inmutable “de sempre” e irreversible das cousas......
Cando eu era estudante aló a finais dos anos sesenta, cada xoves Santiago enchíase de xente do campo que viña á feira a Santa Susana.
Todos viñan de negro, eles con modestos traxes dos domingos, a menudo co paraguas colgado por detras, e elas cos panos negros na cabeza. E viñan a mercar roupa e utensilios pero tamén as consultas dos afamados médicos profesores da Facultade de Medicina.
En todalas casas de Galicia habia unha hucha donde se iba aforrando peso a peso para unha eventual enfirmidade que tarde ou cedo acababa presentándose.
Daquela todos tiñamos clara a asociacion SAUDE/DIÑEIRO; e que a atención sanitaria era un servizo, unha mercadoría que se mercaba e se vendía.
Sin decilo de esta maneira, asumíamos a existencia do MERCADO SANITARIO.
O tempo foi pasando e de maneira casi imperceptible, os aforros da xente maior deixaron de estar destinados ao coidado da saúde e adicaronse a utilidades menos dramaticas e mais amables como a de pagar unha comunión da neta ou o scooter dun neto.

Agora a xente do campo galego xa viste de colores con tecidos sintéticos e aspecto casual ou deportivo e non van a Santiago as consultas privadas porque en todolos pobos de Galicia hay un centro de saúde que aborda no nivel da Atención Primaria a maioria dos problemas da sua saude. E os que deben acudir a Santiago á consulta de un especialista enchen as consultas externas do Hospital Universitario.
Agora esa vella relacion da ATENCION SANITARIA co DIÑEIRO borrárase da conciencia da nosa xente e a atención sanitaria ven sendo apenas un acto administrativo que se inicia con unha consulta e remata coa retirada gratuita das medicinas na farmacia mais próxima.
A nosa cidadanía seguramente non o calificaba asi, pero obviamente compórtase asumindo que a atención á saude é un DEREITO.
Agora co pretexto da crise económica, o que se percibía como dereito empeza a descubrirse como mercado; un choque brutal para quen olvidara ou ignorara que se trata de unha recente conquista.
A golpe de Decreto pretenden que recuperemos a esquecida ecuación SAUDE/ DIÑEIRO e nos dispoñamos a pagar polos coidados sanitarios.
Como afirma a pensadora e escritora Naomi Klein, “ningun bon privatizador deixa pasar a oportunidade que lle brinda unha boa crise”.
E quenes se dedican ao activismo na defensa da Sanidade Pública, profesionais, sindicalistas, líderes veciñais, politicos e a opinión publica en xeral, deben necesariamente entender o que acontece e as razóns de esta contrarreforma para ter a posibilidade de levantar a todo un pais en contra da destrucción da sanidade publica e dos demais servizos publicos.
E este libro A SAÚDE COMO NEGOCIO e ademais de un importante exercicio intelectual e de analise, unha indispensable ferramenta para para entender e para actuar. E pois un manual para a accion en defensa da Sanidade Publica.
E preciso entender que o acoso e a destruccion agora tan evidentes, se trata de un fenómeno global, planificado para todo o planeta ao que a crise lle brinda unha estupenda coartada.
Porque é unha coartada: a destrucción da Sanidade Publica e a sua apropiacion privada é unha arela que xa formulaba claramente en 1993 o INFORME ABRIL:
“Los usuarios deberían participar en el pago de los servicios, que en principio serían casi simbólicos”
Unha marabillosa frase de trasfondo freudiano.
Efectivamente acontece nesta fase do capitalismo que cada vez son mais escasas as oportunidades planetarias de negocio e procura de beneficios e caseque todo o susceptible de ser vendido e mercado o esta sendo xa.
Poucos son os redutos aínda vedados ao mercado i entre eles, destacan os servizos públicos que proporciona o Estado: ensino, transportes, cultura, eliminación de residuos, servizos ambientais, subministración de auga potable e saneamento, telecomunicacións e nomeadamente, a Saúde, son algunhas áreas de actividade que os acordos do GATS de 1994 (AGCS ou Acordo Xeral sobre el Comercio de Servizos) fixaron como obxetivo de privatización en todo o planeta.
Moitos deles están xa conseguidos ou en fase de privatización.
Hai mais de vinte anos xa estaban preparando o que esta sucedendo agora; por eso non é a crise a culpable sinon unha boa coartada.
Afirma a profesora Allyson Pollock, que a Organización Mundial de Comercio "contempla a destrucción sistemática dos servizos baixo control e de propiedade e financiamento públicos".
Transformar a atención sanitaria nun mercado da Saúde aberto era o propósito da Organización Mundial do Comercio OMC, pois os servizos públicos mobilizan una enorme reserva económica que as compañias sanitarias privadas, a industria dos seguros médicos, a farmacéutica e mesmo algúns sectores dos profesionais da Saúde aspiran a apropiarse.
O dicía ben claro o secretariado de OMC cando afirmaba que o sector sanitario dos países da OCDE "é un xigante económico a escala nacional".
Unha enorme parte do PIB no ámbeto mundial estimada entonces, só nos países da OCDE, na astronómica cifra, hai mais de unha década, de tres trillones de dólares ao ano.
Excesivo para pasalo por alto.
Efectivamente: o Artigo IV.4 obriga os membros da OMC "a establecer leises de cumprimento obrigatorio que limiten os poderes gubernamentáis para impor restriccións ao mercado no caso en que se demostre que lle crean trabas innecesarias".
Cumplindo as instruccións das multinacionais ás que non somete a ningún control, eso tan peculiar que chamamos agora “os mercados”, presiona a OMC aos gobernos, coa pretensión de que os países acepten de mellor ou peor grao, o desmantelamento dos seus respectivos servizos públicos, os sanitarios incluídos, abríndoos a súa progresiva privatización.
Resulta clarificadora a afirmación dos delegados norteamericanos nas negociacións do GATS:
"Cremos que podemos facer importantes progresos nas negociacións para dar a oportunidade as empresas norteamericanas de expandirse nos mercados sanitarios extranxeiros .....Historicamente, os servizos sanitarios en moitos países están maioritariamente baixo a responsabilidade do sector público. Esta propiedade pública da Sanidade fixo difícil que os provedores de servizos sanitarios estadounidenses fixesen negocio neses países".
Nas conversacións do GATS do ano 2000, os negociadores estadounidenses convertiron a Sanidade nun obxetivo especial:
"Os Estados Unidos son da opinión de que hai oportunidades de negocio en todo o espectro da atención social e sanitaria, incluíndo hospitais, institucións ambulatorias, clínicas, residencias asistidas, e axudas e servizos de atención domiciliaria".
MAIS CLARO IMPOSIBLE!!
Visto nun contexto mundial, o que acontece en España i en Galicia cobra sentido.
E por iso actuar aquí como en outras partes, parando a privatizacion, axuda a cambiar o mundo.
Comprender as circunstancias mundiais axúdanos a comprender os fenómenos locais i elo facilita a intervención. Defendendo o noso Sistema Sanitario Público protexémonos a nós mesmos na nosa dobre condición de usuarios e de profesionais.
Os habitantes dese mundo pobre para o o cal o Dereito efectivo á Saúde non é mais que unha utopía inalcanzable, precisan ver que hai países de onde é un feito; precisan un exemplo que lles dea esperanza, cuns sistemas públicos en funcionamento como estimulante demostración de que outro mundo é posible e de que o Dereito á Saúde tamén o é.
Este estupendo libro que hoxe presentamos, A SAUDE COMO NEGOCIO e unha importante ferramenta para acadalo.
E un libro que sale da trincheira como proxecto, pulese intelectualmente e retorna como unha vital ferramenta: accion>reflexion>accion
Gracias polo esforzo de escribilo e polo de coordinalo.


MARIA LUISA LORES AGUIN
Especialista en Radioloxia, medica da AGDSP e foi directora medica no H de Montecelo donde traballa de radiologa.

JESUS REY GARCIA
Especialista en M Familiar e Comunitaria , traballa no CS da Estrada e foi subdirector Xeral de Calidade e Programas Asistenciais do SERGAS e coordinador do Plan de Mellora A Primaria.

MANUEL MARTIN GARCIA
E un home moi coñecido que apenas precisa presentacion pois escoitamolo frecuentemente nas radios e vemolo nos xornais.
É especialista en MF e Comunitaria, master pola U. da Habana en Saude Publica, polígrafo, activista, dirixente da AGDSP e da FADSP da que e agora o presidente, con unha enorme actividade na defensa da S P.
De feito, que Galicia este a vangarda europea na defensa da S P debemosllo en gran parte a politica privatizadora de Romay Becaría e a sua man dereita nos anos 90, o actual presidente Nuñez Feijoo, e noutra a Manuel Martin que desde a AGDSP conseguiu por en marcha desde Vigo e logo coordinar ao longo de 20 anos as PDSP no que conocemos como SOS SANIDADE PUBLICA.

PABLO VAAMONDE GARCIA
Especialista en M F e Comunitaria, Ex director Xeral de Asistencia Saniataria do SERGAS, traballa no CS de Labañou na Coruña; fundador y director de la revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005) e é un coñecido escritor en galego con varios titulos publicados de narrativa:
-O fillo do emigrante (2002). -O mes de abril (2004). -Luz Divina e outros retratos (2006).
Ten tamen unha dilatada actividade cultural e profesional:
-Presidente de la Asociación Gallega de Medicina Familiar y Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005.
-Vicepresidente del Colegio Oficial de Médicos de A Coruña y responsable del Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005.
-Recibió el Premio Lois Peña Novo en 2005, por su compromiso en la promoción y defensa de la lengua de Galicia.
-Fue miembro de la Comisión Sectorial de Sanidad que elaboró el Plan General de Normalización de la Lengua Gallega, promovido por la Dirección General de Política Lingüística, y que fue aprobado por unanimidad en el Parlamento Gallego.
-é colaborador habitual en prensa.

ABEL CABALLERO ALVAREZ
Seguramente se preguntarán, mais alo das razons protocolarias, acerca da presenza do alcalde de Vigo nesta presentación.
Son varios os motivos da presenza do alcalde a quen agradecemos nos acompañe hoxe aqui.
En primeiro lugar, aparte de ser oficial da Marina Mercante, é doctor en Economía polas Universidades de Cambridge e de Santiago de Compostela. Master de Economía pola Universidade de Essex, e catedrático de Teoría Económica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
E hoxe falamos de economía e de saude.
En segundo lugar é un escritor -e hoxe estamos presentando un libro na librería Cartabon a que lle agradecemos esta acollida- que ten publicado varios libros de narrativa como son "La puerta amarilla", "El invierno de las almas desterradas", "El hombre que tenía miedo al mar" e "La elipse templaria".
En terceiro lugar é un home de militancia socialista que foi entre outras cousas Ministro de Transportes, Turismo y Comunicacions e diputado no Congreso e no Parlamento de Galicia entre outras actividades.
Como politico socialista chama a atención a sua comprensión das complexidades da organización e problemas da Sanidade Publica, dos aspectos economicos que hoxe abordamos nesta presentacion, e tamen o escandalo financieiro que supon a construccion do novo hospital de Vigo baixo o sistema de concesion privada.
O saliento porque non é a sanidade algo que os politicos entendan nin traten ben.
En cuarto lugar, como alcalde da cidade de Vigo entende e explica ben -ainda que os lectores da Voz de Galicia non o perciban- a perversion que significa ese NHV concebido como un negocio privado e a discriminación intolerable que representa para Vigo e o sur de Galicia.
E finalmente o seu apoio as actividades de PDSP de Vigo e notorio e merece un recoñecimento.
Por todas estas razons esta hoxe o alcalde aqui.
Moitas gracias,

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger