27 may 2012
O Valedor do Pobo acusa recibo da queixa presentada pola Plataforma de Moaña
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DE MOAÑA
VALEDOR DO POBO : II PARTE
Poucas horas antes de presentar a dimisión o pasado 15 de maio, o Valedor do Pobo D. Benigno López , asinou unha resolución pola que“Unha vez estudado o problema formulado, admitimos a trámite a queixa sobre as listas de espera no Hospital POVISA de Vigo, por considerar que atopa, en principio, cobertura constitucional ao abeiro do artigo 43 da Constitución Española e promóvese a investigación sumaria e informal de conformidade co establecido no artigo 22 da Lei6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo ante a Consellería de Sanidade, competente para o esclarecemento dos feitos”. (Escrito contestación do Valedor do Pobo, de 14 de maio 2012, expediente 1.5.Q/861/12).E curiosamente, rexeita a petición de investigar o libre acceso ao futuro hospital de Vigo para os usuarios do Morrazo por entender que non é o momento e hai que esperar a “cando estean acordados dun xeito definitivo os campos de actuación de dito hospital e existan acordos da administración sanitaria a tal fin, xa que neste momento, co tempo que falta para que empece a funcionar, considérase que non existen eses acordos definitivos que poidan ser valorados”.
Na Plataforma xa estamos afeitos a “comprensión” do Sr. López coas “dificultades da administración” para cumprir as súas obrigas, como xa aconteceu con semellante denuncia feita polas listas de espera no 2011 e que arquivou sen máis explicacións, polo que só nos queda confiar que o seu substituto, don José Julio Fernández, teña valor e dignidade para, ao amparo do artigo 43 da Constitución e o artigo 23 da Lei de Cohesión e calidade da Saúde (“todos os usuarios terán acceso ás prestacións sanitarias en condicións de igualdade efectiva”) inste a Fiscalía para que presente o recurso de inconstitucionalidade polo seu flagrante incumprimento Falamos de esperas medias de máis de 185 días para unha operación.
E respecto a o noso dereito a ir ao novo hospital de Vigo, amosa unha luz de intelixencia ao constatar, dende o seu privilexiado lugar e coincidir coa opinión da Plataforma, que do novo hospital non hai máis que fume, máis ben unha espesa cortina de fume negro e ningunha certeza.
Plataforma Sanidade Pública de Moaña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: