3 may 2012

postheadericon A contrarreforma da sanidade pública

O Real Decreto-Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, introduce cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade o carácter redistributivo, e supón o inicio dunha contrarreforma sanitaria.
Os posibles aforros non se achegan de ningún xeito aos 7.000 millóns de euros que foi a súa teórica causa, polo que carece dunha memoria económica que o faga crible.
Aspectos máis relevantes do Real Decreto:
  1. Acaba co sistema sanitario universal como un dereito básico da cidadanía e introduce un modelo de aseguramiento que conduce a sistema sanitario dual en que as persoas con mais recursos obteñan a atención de seguros privados (subvencionados con fondos públicos) deixando a resto da poboación en mans dun sistema público descapitalizado tipo beneficencia.
  2. Deixa fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, a pesar de que é un colectivo en diminución pola crise, realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario. O “turismo sanitario” é baixo e ten que ver coa mala xestión das administracións públicas para facturar adecuadamente a atención sanitaria prestada a cidadáns estranxeiros que non pertencen ao grupo anteriormente sinalado.
  3. Establece un sistema de copagos que afecta esencialmente aos pensionistas e enfermos crónicos a dificultaraos o acceso a medicacións e prestacións sanitarias indispensables para a súa saúde.
  4. Inclúe un novo “medicamentazo” xa que anuncia a retirada de prestacións farmacéuticas da carteira básica. Con todo as actuacións sobre a industria farmacéutica son testemuñais e de escaso impacto económico. Neste sentido medidas como a creación dunha Axencia de compras do conxunto do sistema sanitario público, que abarataría a adquisición de fármacos e equipamento sanitario queda nunha mera recomendación sen moita capacidade operativa.
O decreto é de forte contido centralista e incorre en intromisións graves nas funcións das CCAA que serán, seguro, fonte de litixios no Tribunal Constitucional por parte dalgunhas CCAA.
Cambia as condicións laborais do persoal sanitario sen negociación o que será fonte de conflitos. As retribucións de acordo coa avaliación do desempeño poden ser positivas se se aseguran criterios explícitos, ligados á calidade e controis da mesma, caso contrario empeorase a calidade do sistema sanitario.
O impacto destas medidas sobre a saúde dos cidadáns é difícil de avaliar por agora aínda que é predicible que contribuirán a empeorar o seu nivel de saúde, aumentará a mortalidade e a enfermidade.
A AGDSP propuxo unha serie de medidas que mellorarían a eficiencia e a racionalidade do Sistema Público sen recortar dereitos sanitarios aos cidadáns e que conseguían un maior aforro económico.
En resumo trátase dunha evidencia mais de que este goberno só é valente cos desprotexidos, cos enfermos e cos pobres e en cambio é covarde coas grandes multinacionais.
Dende Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública facemos un chamamento á cidadanía para que se mobilice contra este atentado contra o dereito á saúde e contra o Sistema Sanitario Público que viola a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Saude de Galicia.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger