16 may 2012

postheadericon A AGDSP denuncia que o Novo Hospital de Vigo quedará sen laboratorio de análises clínicas e microbioloxía

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública comprobou que o SERGAS e a Consellería de Sanidade ocultan ao xeito de trileiros, aos profesionais dos hospitais de Vigo, ao concello e á cidadanía da ampla área sanitaria de Vigo, que pretenden suprimir os servizos de laboratorio de Análises Clínicas e Microbiología do Novo Hospital de Vigo (deixando no mesmo un mini laboratorio de urxencias).
Trátase dunha noticia de especial gravidade que a AGDSP quere comunicar á opinión pública e ao colectivo profesional porque:

  1. Esta medida supón un novo engano da Xunta de Galicia que pretende ocultar á cidadanía da área de Vigo os recortes no proxecto de Novo Hospital que ten por finalidade facelo máis atractivo e rendible ás empresas privadas concesionarias do mesmo. Empresas cuxa financiamento esta no alto risco tal como os titulares sobre Bankia e a Caixa de Aforros do Mediterráneo CAM, destacan.
  2. É inconcibible que un gran hospital de referencia careza de servizo de análises clínicas e microbioloxía, cuxo funcionamento ten que ter unha estreita e continuada relación cos profesionais clínicos usuarios do mesmo. O exemplo dos novos hospitais madrileños (de financiamento privado, de onde se copia esta medida), mostran os graves problemas clínicos e funcionais asociados á supresión dos servizos centrais.
  3. Suprimir ambos os laboratorios do NHV e instalalos no Hospital do Meixoeiro é unha grave irresponsabilidade só condicionada por criterios económicos opostos á lóxica funcionalidade asistencial
  4. A medida supón ademais a necesidade de duplicar recursos, tanto tecnolóxicos como humanos, incrementado os custos funcionais e a ineficiencia de servizos renunciando á economía de escala.
  5. Consideramos que detrás desta medida, rexeitada pola inmensa maioría dos profesionais do CHUVI, que fixeron un deseño sensato que agora se descarta pola porta traseira, pretende fraccionar os grandes servizos para debilitalos co intento externalizar e posteriormente privatizar estes laboratorios, como sucedeu en Madrid e Valencia.
Non estamos de acordo con estas medidas e esiximos a inmediata retirada dos plans de suprimir estes dous servizos de laboratorio do proxecto de Novo Hospital (xa anunciaramos que este tipos de problemas sucederían se privatizaba o financiamento e construción do hospital a través da iniciativa privada).
Tan grave como o que antecede é o xeito de de ocultar estas decisións á vista do colectivo profesional e da cidadanía do sur de Galicia para a cal o Novo Hospital de Vigo será de referencia.
É unha nova discriminación sanitaria do sur de Galicia que se exercita con ocultamiento, medias verdades, vaguedades e francas mentiras mais propias de trileiros que dunha administración sanitaria. Unha discriminación mais que non toleraremos, exercendo un seguimento próximo de todos os pasos que da Xunta encamiñados xa sen ningunha dúbida a subtraernos o novo hospital que necesitamos.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger