12 may 2012

postheadericon A AGDSP denuncia intento de manipulación do PP da súa postura sobre o Novo Hospital de Vigo

Nun exercicio de cinismo político e intento de manipulación o Partido Popular puxo onte en boca da Plataforma SOS Sanidade Pública, o recoñecemento do carácter público do Novo Hospital de Vigo.
Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, autora da nota de prensa obxeto de manipulación, queremos facer as seguintes puntualizacións:

  • Por moito que pretendan insistir no engano, O NOVO HOSPITAL DE VIGO NON É PÚBLICO, É PRIVADO, pertence ao patrimonio da empresa concesionaria (Acciona, Bankia, CAM etc.) durante todo o período de concesión ( 20 anos que se prolongarán), privatízanse a xestión dos servizos sanitarios non asistenciais, a xerencia da concesionaria guiada polo interese privado e o beneficio empresarial será a responsable da dirección do hospital e da explotación das áreas comerciais e o aparcadoiro cun beneficio neto anual de máis de dous millóns de euros.
  • Esta privatización do financiamento e a xestión do hospital mediante a fórmula da Iniciativa de Financiamento Privado PFI, abre a porta, como xa ocorreu en Madrid e en Valencia, á dos servizos clínico asistenciais como a radioloxía e o diagnóstico por imaxe e o Laboratorio.
  • A presentación realizada pola xerente do Sergas, logo de tres anos de silencio sobre o proxecto do hospital, parécenos lamentable, é unha presentación virtual e unha burla aos profesionais, aos cidadáns e ás institucións. Seguen sen presentar o proxecto definitivo de execución, copia literalmente a presentación realizada pola anterior Consellería P. Farjas fai tres anos, non aclara nada novo respecto da redución do Plan Funcional e o número de camas de hospitalización nin sobre as dimensións do edificio e mantén as reducións xa coñecidas das Unidades de Rehabilitación, Investigación e Docencia, Unidade de Coidados Intermedios etc. Mantén e confirma a Povisa como Hospital Xeral na área de Vigo co secuestro dun sector de poboación que pertence ao Complexo Hospitalario Público.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger