26 abr 2012
Queren converter a sanidade pública nun farrapo vello.
A idea básicamente consiste en practicar recortes aparentemente indoloros ("catro cafés" por aquí) ou en poñer cataplasmas con efectos sedantes (darlle a gratuidade dos medicamentos aos desempregados sen prestación), pero a verdadeira trama de fondo é a que está esfiañando o sistema de saúde público, utilizando o argumento de "segundo a renda" para erosionar os principios básicos nos que se basea, quer dicir, a universalidade, a equidade, a solidariedade, etc.
Se non reaccionamos axiña e con contundencia, imos camiño de ter un sistema totalmente desmembrado, incoherente, salferido de excepcións e casuísticas que, polo xeral, situarán ao usuario ou usuaria da sanidade pública no bordo do precipicio, converténdonos a todos/as en posuidores duns "pseudodereitos" sempre provisionais e, por suposto, sempre susceptibles de empiorar e mesmo de se evaporar.
Cada vez que se produce unha reacción social colócanse as medidas antisociais máis fortemente contestadas nun limbo de tolerancia ou se articula unha regulamentación "ad hoc" para ir tapando o buraco, á espera da oportunidade adecuada para asentalas definitivamente. Isto comprobámolo sobre todo desde que Feijoo puxo en práctica o "tarxetazo" en finais de 2.011. Primeiro desactivou as tarxetas sanitarias a miles de inmigrantes e persoas desempregadas e logo das denuncias e da inquietude causada na opinión pública desbloqueounas de novo sen modificar para nada a lexislación habilitante de tal tropelía contra os dereitos sociais dos colectivos afectados.
Agora, despois da publicación do Real Decreto de medidas urxentes en materia de sanidade, a cousa vai quedando clara: desempregados sen cobertura fóra da comunidade autónoma, estudantes, becarios, o clero católico baixo e pobre (monxas), etc. sen dereito a cobertura non urxente, é dicir, toda a poboación maior de 26 anos sen cotización á SS.
A conclusión é que nos están a cambiar o cobertor co que pasabamos razonablemente ben o inverno por outro farrapo raído e cheo de remendos que ten os días contados.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: