18 abr 2012
A Plataforma pide que se trate polo Pleno do Concello o apoio dos alcaldes a un NHV recortado e a ampliación de POVISA
Nestes últimos días vimos de asistir a toda unha posta en escea do Partido Popular arredor das obras do futuro hospital de Vigo, proxecto que é descoñecido para a cidadanía, traballadores sanitarios e autoridades públicas, coa que se pretende ocultar á opinión pública a intención da Xunta de Galicia de que unha institución pública, como é o Concello de Vigo, pague con cartos públicos a urbanización e a dotación de servizos a Concessia, o grupo empresarial privado que esta a construír o Novo Hospital de Vigo, que só pretende lucrarse a conta da saúde de todos nós. Así dun proxecto de Financiación e Xestión Pública a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), aprobado no Consello da Xunta de Galicia o 5 de Febreiro de 2009, cun custe de 300 millóns de €, co comenzo das obras no ano 2009 e rematando no 2013, onde o importe sería devolto polo Sergas no período 2011-2025; pásase a outro proxecto privado por decisión do Presidente da Xunta, o Sr. Núñez Feijoo. Como consecuencia, retrasouse o seu inicio por un período de dous anos, modificouse o Plan Funcional e a carteira de servizos, (diminúe o número de camas e as dimensións do edificio) e sustituiuse o modelo de finanzamento e xestión pública por outro de Financiación Privada de Investimentos (PFI), o cal, incrementou o custe en 1.500 millóns de € (pasando a costar 1.824 millons de €) que vai ser abonado polo SERGAS con cargo ao gasto corrente durante 20 anos en detrimento da calidade da asistencia sanitaria.
Un segundo obxectivo desta montaxe do Partido Popular consistiría en agochar os retrasos na execución da obra e a súa posible paralización debido a difícil situación económica pola que atravesan as entidades financeiras (bancos e caixas) que a promoven, tentando transferir a responsabilidade aos que sempre defendemos un gran hospital público e nos opuxemos a súa privatización
O pasado 3 de abril, trece alcaldes da nosa área sanitaria pertencentes ao Partido Popular nun acto claramente partidista, xuntáronse en Vigo, no barrio de Valadares, para "reivindicar" en realidade un Novo Hospital recortado con 400 camas menos das que estaban previstas inicialmente; un centro hospitalario que está sendo construído coa iniciativa privada e que supón unha vía de penetración empresarial privada nos servizos sanitarios públicos.
Xa con anterioridade, o portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Vigo, Chema Figueroa, tiña mostrado o seu apoio á ampliación de POVISA, que pretende camuflar no novo concerto unha millonada destinada a montar novos quirófanos e unhas 100 camas máis que se unirían ás 386 que neste momento aluga este hospital privado ao SERGAS.
Estas actuacións encaixan perfectamente, pois quen supervisa toda a trama é a Conselleira de Sanidade, xerente do Hospital NªSª de la Esperanza en Santiago pertencente ao grupo empresarial de POVISA antes de asumir distintas responsabilidades no departamento que actualmente dirixe.
Como resultado final temos que os alcaldes do Val Miñor e do Morrazo veñen da dar apoio público a unhas medidas partidistas do Partido Popular, sen ter en conta aos veciños e veciñas que representan, xa que non solicitan a incorporación da súa poboación na asistencia hospitalaria do Novo Hospital de Vigo, polo que van ter que continuar encadeados ao hospital Privado, POVISA.
Diante dos feitos anteriormente expostos, instamos ao Pleno do Concello a que adopte os seguintes acordos:

- Rexeitar o posicionamento do Alcalde defendendo un Novo Hospital para a Área Sanitaria de Vigo recortado en máis de 400 camas, o cal, vai deixar sen posibilidade de poder acceder a él aos veciños e veciñas do noso Concello e obrigándoos a permanecer indefinidamente como poboación asignada ao hospital privado, POVISA.
- Rexeitar que unha institución pública, como o Concello de Vigo, teña que facer fronte a uns gastos de urbanización e dotación de servizos para o lucro dunha empresa privada.
- Reclamar da Xunta de Galicia e da Consellería de Sanidade toda a información sobre o novo Proxecto de Execución da Obra do novo hospital: Plan Funcional e proxecto arquitectónico.
- Incorporar a aos Veciños e Veciñas do noso Concello, a área de asistencia hospitalaria do Novo Hospital de Vigo. Non queremos estar en POVISA.
- Defender os intereses da cidadanía fronte as políticas de recorte e privatización, en lugar dos intereses empresariais de Concessia e POVISA, esixindo que o Novo Hospital recupere o seu carácter estratéxico e de centro de referencia para o tratamento do cancro, investigación e a docencia, fundamentais para unha atención especializada de calidade da cidadanía e para o desenvolvemento económico e tecnolóxico da nosa Área Sanitaria.
Cangas, 18 de abril de 2.012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: