9 abr 2012
A exclusión da sanidade para as rendas altas
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante as declaracións do ministro de economía sobre excluír ás persoas de maior renda da Sanidade Pública ten que sinalar:
- O ministro parece descoñecer que a financión actual da Sanidade Pública realízase a través dos impostos (IRPF,IVE, impostos especiais) e que polo tanto non ten sentido que as persoas que pagan impostos, e se o fan legalmente pagan mais, deixen de ter dereito ás prestacións sanitarias, salvo claro esta que o que se pretenda é que deixen de pagar impostos ou unha parte deles. Un bo servizo público necesita un financiamento suficiente e esta só pode vir dun sistema fiscal progresivo onde pagan mais os que mais teñen.
- O colectivo de persoas que gañan mais de 100.000 é reducido, polo que o gasto sanitario que producen supondrian cambios mínimos na presión asistencial do sistema sanitario.
- E ben coñecido que para que un servizo público teña calidade é preciso que atenda a toda a poboación, sen discriminación de renda nin de grupo social. Como xa se sinalou "un servizo para pobres será sempre un pobre servizo" e significaría volver ao modelo de beneficencia con prestacións escasas e de baixa calidade para a maioría da poboación, a que ten menos recursos.
- As persoas de elevada renda excluídas da Sanidade Pública terán reducións de impostos para contratar seguros privados o que descapitalizara a sanidade pública e dará orixe a unha sanidade para ricos e para o resto da poboación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: