28 abr 2012

postheadericon A dimisión de Pilar Farjas podería estar relacionada coa trama "Campión"

Anotación da axenda de Joaquín
Varela na que se recolle a reunión de
Dorribo con Feijóo en San Caetano e
con Farjas na Consellería de Sanidade.
Foron varias as especulacións feitas a raíz do cese de Pilar Farjas á fronte da Consellería de Sanidade. Agora xa temos un dato máis. A xuíz instrutora do caso "Campión", no que están enmallados políticos de todo o arco parlamentario, chama a declarar á ex-Conselleira para que aclare a que viñan as visitas que o presunto delincuente, Dorribo, lle facía a ela e máis ao propio Presidente da Xunta no seu despacho.
Segundo se puido saber a través do sumario, ao dimitido presidente do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Joaquín Varela, tamén involucrado na trama, atopáronlle unha nota manuscrita que dicía: "Vou luns á Consellería que está moi interesada no aforro farmacéutico".
Despois destas revelacións non só entran as dúbidas sobre as reais intencións de Farjas cando fixo das políticas de gasto en farmacia un dos principais leitmotivs da súa xestión senon tamén sobre o verdadeiro motivo do seu desprazamento do círculo próximo a Feijoo.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger