25 abr 2012

postheadericon A culpa é dos pensionistas

SABE VOSTEDE QUEN É ESTA SEÑORA?


É  ROCÍO MOSQUERA, A CONSELLEIRA DE SANIDADE DA XUNTA DE GALICIA, A  MÁXIMA AUTORIDADE DO GOBERNO GALEGO NA SAÚDE

Ela acaba de localizar os culpables de que Rajoy e Feixóo se vexan obrigados a facer que a xente pague moito máis aínda no sistema sanitario público (medicamentos, próteses, cadeiras de rodas, ambulancias, etc.)…

A CULPA TODA TÉÑENA OS PENSIONISTAS !!!

Efectivamente, di Mosquera que os maiores de 65 anos « gardan nas súas casas auténticos almacéns de fármacos ».

Estes perigosos terroristas retiran na farmacia o 83% dos medicamentos que lles prescriben os médicos !!!


          Afortunadamente, para salvar o país MOSQUERA ten a solución axeitada :

NON FACERLLES CASO AOS MÉDICOS E NON TOMAR O QUE CHE MANDEN !!

Conseguirase así :
  • Aforrar gastos en medicamentos       
  • Aforrar gastos en xente que atender  
  • Aforrar gastos en persoal sanitario 
  • Aforrar gastos en hospitais e servizos 
As medidas de Rajoy, Feixóo e Mosquera están a levantar o entusiasmo da poboación !!!

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger