19 ene 2012
Fronte aos recortes e privatizacións: medidas de racionalidade na sanidade pública
Coa escusa das medidas de aforro de gasto público impostas pola Unión Europea para tranquilizar aos mercados (que especulan coa débeda pública), estamos asistindo á imposición de medidas polos gobernos central e autonómicos de recorte do gasto sanitario público reducindo servizos, introducindo o copago, eliminando prestacións ou privatizando a construción e xestión das novas infraestruturas sanitarias.
Os grupos de presión favorables á privatización levan anos clamando pola aplicación destas receitas e só o temor ao rexeitamento cidadán e profesional que poderían suscitar a evitado que as aplicasen masivamente
Os defensores da sanidade pública levamos tamén moitos anos denunciando o malgaste e os perigos para a saúde que supón o gasto farmacéutico sen control, o abuso na utilización das novas tecnoloxías, a xestión ineficiente dos recursos ou a falta de rigor nas decisións clínicas que en moitos casos carecen de base cientificamente comprobada.
Algunhas propostas para reducir gasto sen recortar o dereito a asistencia sanitaria
1.- Diminuír o gasto farmacéutico
Coa prescrición por principio activo aforráronse 2.400 millóns de euros. Estímase que os maiores de 65 anos (o 16,8% da poboación española en 2010) consomen o 30% dos fármacos (4.000 millóns de euros) e a terceira parte serían medicamentos innecesarios. A revisión destes tratamentos podería supor un aforro de 1.300 millóns de euros.
2.- Mellorar a utilización das tecnoloxías sanitarias
España consome o 8,2% do seu gasto sanitario en tecnoloxías sanitarias, aproximadamente 5.000 millóns de euros, 23% máis que a media europea e un 33% por encima do gasto de EEUU . En España hai estudos que conclúen que a terceira parte dos estudos radiolóxicos son innecesarios . O aforro potencial, só con reducir á metade ese gasto innecesario, sería de 900 millóns de euros.
3- Potenciar a Atención Primaria para diminuír a frecuentación hospitalaria
Estudos realizados en Europa e Canadá de seguimento de pacientes con cancro, propón que as persoas sobreviventes con baixo risco de recidiva sexan controlados en Atención Primaria, xa que ademais de beneficiar aos pacientes (menor dependencia hospitalaria e foméntanselles hábitos de vida saudable) conséguese un importante aforro para o sistema sanitario . Como o custo medio dunha consulta hospitalarias é de 139 euros, trasladar a cuarta parte das consultas á Atención Primaria (cuxo un custo medio por consulta é de de 84 euros ) suporía un aforro de 1.100 millóns de euros.
Por outra banda, a pesar da existencia das Redes de Urxencias de AP a asistencia nos Servizos de Urxencias Hospitalarios increméntase ano tras ano (en 2009 tratáronse 5,5 millóns máis de urxencias que na 2001, o que supón un incremento do 26%) a pesar de que moitos destes procesos son banais e poderían resolverse en AP. Como o custo da urxencia hospitalaria non ingresada é de 244 euros, se se reducise a frecuentación nun 10% (2,7 millóns de urxencias menos) aplicando estratexias de educación e potenciación da AP , poderíanse aforrar de 650 millóns de euros.
5- Reducir a hospitalización innecesaria
No hospitais do SNS, en 2009 ingresáronse 3. 948.615 pacientes, dos que o 12% (474.000) estaban relacionados total ou parcialmente con reaccións adversas a medicamentos , dos que a metade (237.000) serían potencialmente prevenibles , .Como o gasto por alta nun hospital público é de 8.993 euros poderíanse aforrar 2.100 millóns de euros anuais, (gasto que ademais de innecesario é prexudicial para os pacientes) .
O estudo ENEAS mostra que o 8,5% dos pacientes hospitalizados sofre efectos adversos , dos que o 42% serían evitables o que suporía reducir 846.000 estancias a un custo de 1.154 euros/estancia cun aforro potencial de 975 millóns de euros.
Estímase nun terzo os días que os pacientes permanecen ingresados de forma inadecuada por estancias preoperatorias innecesarias, atraso no alta, demoras en exploracións diagnósticas durante o ingreso, cirurxías con ingreso innecesario ou por ingresar pacientes crónicos en hospitais de agudos. Esta situación supón 10 millóns de estancias inadecuadas Se se reducisen á metade, mellorando a eficiencia dos servizos, poderíanse aforrar 5.750 millóns de euros (diminuíndo de paso as listas de espera).
Consideracións finais
Aínda que o noso Sistema Sanitario Público é apreciado maioritariamente pola poboación e está considerado como un dos mellores do mundo, necesita de medidas para mellorar a súa eficiencia e garantir a súa sustentabilidade. É necesario pór en marcha estratexias de promoción de saúde para mellorar o nivel de saúde e diminuír a carga de enfermidade evitable, reducir a medicalización e o uso intensivo da tecnoloxía, mellorar a racionalidade da xestión e reducir o gasto innecesario.
É necesario potenciar a Atención Primaria; incrementar os centros de crónicos; facer que os hospitais dediquen o seu tempo ás actividades propias como a xestión adecuada das listas de espera, a atención dos pacientes máis graves; promover a xestión clínica multidisciplinar; avaliar o desempeño profesional e potenciar a docencia e a investigación enfocándoa ás prioridades sanitarias dos cidadáns e do Sistema Nacional de Saúde.
Aforros potenciais aplicando a evidencia científica e as recomendacións da Organización Mundial da Saúde
Aforro en medicamentos innecesarios: 1.300 millóns de euros
Prescrición por principio activo (aprobada): 2.400 millóns de euros
Adecuada utilización de tecnoloxías sanitarias: 950 millóns de euros
Diminución 25% frecuentación consultas hospitalarias: 1.100 millóns de euros
Diminución 10% urxencias hospitalarias: 650 millóns de euros
Diminución efectos adversos durante a hospitalización: 975 millóns de euros
Diminución hospitalización innecesaria: 5.750 millóns de euros
Aforro total: 13.125 millóns de euros
Se engadimos a paralización da estratexia de construír e xestionar novos centros aplicando colaboración público-privada (desenvolvida fundamentalmente en Valencia, Madrid , Baleares e Galicia) que multiplica por sete o custo dos centros, o aforro sería aínda maior (só nos primeiros 7 hospitais PFI aforraríanse 4.309 millóns de euros e 1.292 no Novo Hospital de Vigo
As medidas racionalizadoras aquí apuntadas baséanse en recomendacións da OMS ou con gran consenso na literatura científica. Os recortes indiscriminados unicamente van dirixidos a “facer caixa” sen ter en conta as necesidades sanitarias nin as consecuencias sobre a saúde da poboación e unicamente reflicten a falta de compromiso dos xestores e a enorme incapacidade dos gobernos para vencer as presións da industria e realizar unha xestión racional do SNS.
Coa crise económica ábrese unha nova oportunidade para racionalizar o sistema sanitario público sen necesidade de privatizalo ou de recortar o dereito á asistencia da poboación.
Fenin España. Medical Technology Brief Eucomed, 2007
Arana E, Royuela A, Kovacs FM, Estremera A. Lumbar Spine: Agreement in the interpretation of 1.5 magnetic resonance images of the lumbar spine using the Nordic Modic Consensus Group classification form. Radiology 2010. 254 (3): 640-
Ferro Társila, Borrás JM. Una bola de nieve está creciendo en los servicios sanitarios: los pacientes supervivientes de cáncer. Gac Sanit. 2011;25(3):240-245
www.osakidetza.euskadi.net. Memoria 2009
Sotoca Momblona JM et al Problemas relacionados con la medicación que causan ingresos hospitalarios. Rev A. Primaria. 2007;41(3)
Puche Cañas E. reacciones Adversas a los medicamentos. Una revisión actualizada del problema en España. Rev Clinic Esp. 2006; 206:336-9.
Alonso Hernández P et al. Ingresos hospitalarios causados por medicamentos: incidencia, características y coste. Farmacia Hospitalaria. 2002; 26(2):77-89
Estadística de establecimientos sanitarios en régimen de internado 2009. MSPS 2011
Estudio Nacional sobre los Efectos Adversos ligados a la Hospitalización ENEAS 2005
Luquero Alcalde FJ et al. Factores determinates de la estancia inadecuada en un hospital de tercer nivel. Gac Sanit. 2008;22(1):48-51.
Estadistica de establecimientos sanitarios en régimen de internado.2007. MSC
Direccion Xeral Recursos económicos Xunta de Galicia 2011

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: