5 ene 2012

postheadericon Desagrado porque a nova Conselleira de Sanidade, vinculada a POVISA, vaia negociar en nome do SERGAS o novo Concerto

As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña vemos con profundo desagrado e preocupación  o nomeamento como Conselleira de Sanidade a Rocío Mosquera, ex-xerente do hospital "Nuestra Señora de la Esperanza" de Santiago pertencente ao mesmo grupo empresarial que POVISA, precisamente cando se cumpre un ano da nova prórroga por interese público do concerto singular co hospital privado vigués e sen que se saiba nada sobre o futuro que nos espera aos usuarios e usarias que estamos obrigatoriamente asignados a el.
Se desde un punto de vista ético resulta díficil asimilar como o SERGAS, agora representado por unha persoa do círculo de intereses de POVISA, pode negociar un novo concerto con esa mesma empresa, non menos preocupante resulta que ao enorme poder fáctico acumulado por POVISA, desde que en 1983 suscribise os primeiros acordos co INSALUD, se sume o ter conseguido poñer á cabeza da Consellería de Sanidade a unha dos seus, para defender mellor o seu negocio.
Moito nos tememos que co proceso de extensión e monopolización do sector privado hospitalario que se está producindo nestes momentos, un efecto colateral deste nomeamento sexa a liquidación e venda de POVISA ao mellor postor que ben poidera ser algún fondo de capital-risco a nivel global que anda á espreita do lucrativo negocio que representa a saúde de 135.000 persoas do Morrazo, do Val Miñor e de Coia en Vigo, pois é público que nos dous últimos exercicios este hospital ven presentando importantes perdas que o sitúan nunha delicada situación económica.
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Moaña e Cangas reiteramos o dereito dos veciños e veciñas dos nosos concellos de ser atendidos nun centro público e aproveitamos para lembrarlle á Conselleira que debe rematar coa discriminación que supón para os pacientes do Morrazo de carecer dos mesmos servizos (hospitalización a domicilio, coidados paliativos, método Essure,...) que o resto da nosa mesma área sanitaria e ademáis padecer as listas de espera máis grandes, con enorme diferencia, comparativamente co resto dos hospitais públicos de Galicia  e en particular cos da nosa propia zona (Pontevedra ou Vigo).
O Morrazo, 4 de decembro de 2.012


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger