27 ene 2012
Ante a reunión de Feijóo cos xefes de servizo do futuro hospital de Vigo
Ante a noticia de que o presidente da Xunta de Galicia o Sr. Núñez Feijoo vai reunirse nun hotel vigués cos xefes de servizo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, coa probable intención de promocionar o proxecto de Novo Hospital, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar á opinión pública e profesional de Vigo que:
En aras desta exixible transparencia acerca dun asunto tan serio e importante como é o NH de Vigo, emprazámolo a que presente xa ao Concello e ao alcalde da Cidade os planos detallados e compareza cos mesmos ante os medios de comunicación e a cidadanía.
- O proxecto de Novo Hospital estase desenvolvendo a costas dos profesionais do Centro, ao contrario do anterior proxecto que foi elaborado nun proceso participativo no que colaboraron todos os estamentos do Hospital. As reformas do proxecto foron elaboradas por unha empresa privada (Price Waterhause Cooper) seguindo as directrices de recorte e privatización marcadas pola Xunta.
- A empresa Gerens Hill International (contratada polo Consorcio Novo Hospital de Vigo, SA adxudicatario do Novo Hospital), comunicou na súa páxina WEB (que rapidamente borrou ao saltar o asunto aos medios) que o novo hospital terá unicamente 900 camas (un 40% menos das proxectadas) e sufrirá a desaparición dos módulos de investigación e docencia, así como as unidades de referencia de oncoloxía, queimados e máxilofacial. Por todo iso o centro reducirá a súa extensión en 28.000 metros cadrados. Ademais destes cambios o centro quedará en mans privadas e o custo a pagar pola administración galega pasara de 250 a 1.800 millóns de euros (unha hipoteca inasumible para o SERGAS no contexto da crise económica).
- Estes recortes realizáronse de costas aos profesionais e traballadores do centro, dos cidadáns e das autoridades municipais que deberían colaborar no proxecto.
- O financiamento e xestión privada cedida ao consorcio privado, e os recortes introducidos con vistas a facelo máis rendible para o consorcio e para manter o Concerto Singular con POVISA (grupo empresarial do que formaba parte a actual Conselleira Rocío Mosquera) suporá unha vez máis a marxinación sanitaria do Vigo que seguirá sometida á hexemonía dos grandes centros sanitarios do Norte de Galicia.
En aras desta exixible transparencia acerca dun asunto tan serio e importante como é o NH de Vigo, emprazámolo a que presente xa ao Concello e ao alcalde da Cidade os planos detallados e compareza cos mesmos ante os medios de comunicación e a cidadanía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: