9 dic 2011

postheadericon Nota de prensa: O Alcalde non coñece o Plan Funcional do CAR

O pasado 29 de novembro esta Plataforma dirixiuse ao Alcalde de Cangas solicitándolle unha copia do Plan Funcional do Centro de Alta Resolución (CAR) do Morrazo e cal foi a nosa sorpresa e perplexidade cando recibimos por resposta que no Concello non tiña tal documento, pois levabamos escoitando ao Sr. Sotelo falar del durante meses e facendo propostas sobre a súa ubicación.
Este descoñecemento de datos tan esenciais por parte do Alcalde preocúpanos especialmente, pois consideramos que previo a determinar o terreo para a ubicación do CAR é imprescindible coñecer a poboación a que vai dirixido, os grupos de idades, o envellecemento da mesma, así como as consultas xeradas por especialidades que é a que vai determinar a carteira de servizos explicitadas no Plan Funcional e conseguintemente as necesidades de espazo e superficie construída. Isto revela que o Sr. Alcalde descoñece do que está a falar, dando paus de cego ao ritmo que lle mandaba a Consellería de Sanidade.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos lembrar, unha vez máis, que o terreo de 2o.ooo m2 de A Rúa, con 3.650 m2 construíbles, e que foi informado favorablemente polo SERGAS en 2008, é a alternativa idónea para a ubicación en Cangas desta infraestrutura. Todo o demáis son artimañas para alongar no tempo a construción do CAR e ver se, máis adiante, coa excusa da austeridade e da crise pasa ao olvido.
Este é o motivo polo que agora recurramos á Sr. Conselleira de Sanidade para que nos faga chegar dúas copias do Plan Funcional do CAR do Morrazo, unha delas para información do Sr. Alcalde de Cangas co fin de que se vaia enterando antes de continuar falando do que non sabe.

Cangas, 8 de decembro de 2011

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger