7 dic 2011
Feijóo quere cobrar polos servizos hospitalarios non médicos
Ante as declaracións realizadas polo presidente de Galicia Núñez Feijoo nun programa de televisión sobre a súa intención de cobrar servizos non medicos nos hospitais públicos galegos, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere manifestar:
- Que esta medida supón outro paso máis na introdución do copago na sanidade pública galega, que se suma ao cobro pola tramitación dos cartóns sanitarios; o bloqueo do cartón aos parados de longa duración perdan o dereito ao desemprego; aos emigrantes con menos de 183 días empadroados; o pago por unha demanda irresponsable (¡¡¡????), o pago por adiantado das próteses dos enfermos que as necesiten; o pago por transporte en ambulancias, etc.
- Esta medida supón un grave atentado á equidade xa que diferenciará entre pacientes con recursos económicos e os que non os teñan á hora de recibir determinados servizos nos hospitais públicos.
- Neste mesmo sentido a medida suporá una barreira a atención hospitalaria para moita xente: O 60% das persoas que viven dun soldo gañan menos de 1.000 euros ao mes; existen 253.000 de parados na CCAA; a pensión media de Galicia está ao redor dos 600 euros ao mes. Con estes ingresos moitos pacientes deberán renunciar a comer, á ducha, ao cambio de roupa etc., ou simplemente abandonar o hospital.
- É imposible diferenciar entre servizos sanitarios e non sanitarios na asistencia hospitalaria, xa que a limpeza, esterilización, hixiene persoal, alimentación, etc. son tan importantes como os de diagnóstico ou terapéuticos. No Reino Unido por mor da privatización dos servizos de limpeza subiu a mortalidade hospitalaria ata colocala á cabeza de Europa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: