15 nov 2011

postheadericon Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña: Resposta da Xunta ao CAR do Morrazo

O pasado 9 de novembro, o director xeral de Recursos Económicos do Sergas explicou a posición da Xunta sobre o futuro CAR do Morrazo, en resposta a unha deputada do BNG.
A Plataforma de Moaña prestou moita atención as gravacións desta intervención (http://plataformasanidadecangas.blogspot.com/2011/11/car-do-morrazo-preguntas-do-bloque-e.html) chegando a conclusión que, o realmente preocupante non é a “interesada confusión” do director xeral sobre as ubicacións en Cangas, senón a falla de concreción para cumprir un compromiso co Morrazo recollido na última década en programas, informes técnicos e orzamentos ata, precisamente, este ano no que desaparece totalmente, incluso das fotos electorais. Vese que xa non lles fai falla...

Ao non existir o clásico problema da “falla de terreos”, agora se intenta confundir ao persoal coa idea de que hai “demasiadas propostas”.
En calquera caso hai unhas poucas conclusións que se poden tirar sen ningún xénero de dúbida, desta intervención oficial no Parlamento:
  • Un CAR das características mínimas para os usuarios do Morrazo precisa uns 10.000 m2, tendo en conta o imprescindible que resulta a existencia de parking.
  • Non hai proxecto porque non se coñecen as características do terreo onda se vai a construír.
  • Non se coñece nin o importe aproximado do seu custo, nin cal sería a fórmula de financiamento, ao carecer de proxecto e terreos.
  • O CAR do Morrazo dependerá funcionalmente do novo Hospital de Vigo, polo que parece deducirse que non teñen intención algunha de poñelo en marcha ata despois de que ese hospital estea en funcionamento, sen aclarar que pasaría cos usuarios de Bueu.
E ante esta situación o Alcalde de Cangas se mostra moi feliz e segue a defender a súa particular proposta da parcela de Altamira ignorando a da Rúa ( con informe técnico da Consellería dende 2008) e o noso Alcalde, Sr. Fervenza, di que non sabe o que pasou no Parlamento e non da os pasos concretos para cumprir o acordo plenario do mes de setembro, tomado por unanimidade nos seguintes termos:
PRIMEIRO: Consonte co artigo 47.4 da LOUGA se proceda a recualificación dotacional, con cambio a uso sanitario, dos terreos de titularidade municipal situados no SDA-3.1.
SEGUNDO: Se ofrezan os devanditos terreos, unha vez recualificados, a Consellería de Sanidade para a ubicación do CAR do Morrazo, que dará servizos aos usuarios de Bueu, Cangas e Moaña e que ten prevista a súa construción no ano 2012.
En Moaña non nos van marear, pediremos explicacións na vindeira Comisión de Sanidade e, no seu defecto, volveremos ao Pleno.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger