10 nov 2011

postheadericon En resposta ao BNG, o Goberno da Xunta non se compromete á construción nin a xestión do CAR do Morrazo


Nota de prensa do BNG
A deputada do BNG, Ana Luísa Bouza cualificou de “escandaloso” que o Goberno responda que “construíran este centro no menor tempo posible” cando existe un compromiso dende o ano 2010 para a súa construción
Santiago de Compostela, 9 de novembro, 2011. A portavoz de Sanidade  do BNG, Ana Luísa Bouza, trala resposta do director xeral de Recursos Económicos do Sergas á pregunta da nacionalista sobre a construción do Centro de Alta Resolución no Morrazo, afirmou que a propia conselleira de Sanidade comprometeuse no mes de maio, deste ano, a construílo pero todo indica -dixo- “que non será  de maneira inmediata”.
A deputada nacionalista reiterou a súa pregunta sobre a ubicación, licitación e execución do centro tras comprometerse o Goberno á súa construción no ano 2010 ao que o director xeral respondeu que tentarían construílo  “no menor tempo posible”.
Bouza tamén se interesou polos servizos que acollerá o centro tras comprometerse a conselleira de Sanidade a que serán os mesmos que o CAR de Lalín.
Neste sentido, aconsellou ao director xeral de Recursos Económicos do Sergas, Pablo Torres Arrojo a  contar cun arquivo de prensa para recoller todos os compromisos que Pilar Farjas fai nos concellos que visita en período electoral.
A nacionalista tampouco acadou unha resposta sobre o sistema que a Xunta utilizará para financiar este centro, “será polo PFI ou utilizarán outra forma”, preguntou ,  dependerá de Povisa o terá outro centro de referencia, continuou.
A deputada do BNG lamentou que a Consellería de Sanidade non aportara ningunha información a respecto do Centro de Alta Resolución do Morrazo, é cualificou de  “desfachatez” non responder  ás preguntas parlamentarias    despois do que levan vostedes escrito e comprometido cos veciños, concluíu.
Pola súa parte, o director xeral de Recursos Económicos do SERGAS afirmou que o Hospital de referencia será o de Vigo e a día de hoxe existen tres propostas para a ubicación do CAR do Morrazo pero agora “serán os técnicos os que valorarán estas propostas e nós valoraremos despois o proxecto” -dixo-.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger