13 nov 2011
CAR do Morrazo: A Xunta tenta seguir "mareando a perdiz"
Desde as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña diante da comparecencia do Secretario Xeral de Investimentos e Recursos Económicos na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia o pasado día 9 de novembro para falar sobre o Centro de Alta Resolución (CAR) do Morrazo e as posteriores declaracións feitas públicas polos alcaldes de Cangas e Moaña, queremos manifestar o seguinte:
- Que o Secretario Xeral afirmou que a superficie aproximada necesaria para un centro destas características é de 10.000 m2 incluídos estacionamentos, etc., o que descarta de plano a opción que ven obstinadamente defendendo o Sr. Sotelo, Alcalde de Cangas, de ofertar unha parcela dotacional pegada á tapia do cemiterio de Altamira, incluída no desenvolvemento urbanístico previsto na Unidade de Actuación 5 de Cangas, de 2.163,44 m2; unha superficie a todas luces insuficiente para albergar a carteira de servizos que o CAR do Morrazo precisa.
- Que existe un informe técnico favorable do SERGAS do ano 2008, conxelado pola actual Consellería de Sanidade para a ubicación do CAR n’A Rúa, nunha parcela de 20.000 m2 ben comunicada, ademáis da oferta xenerosa do Concello de Moaña dunha parcela suficiente no barrio d’A Marrúa no que se parte xa con terreos propios de máis de 5.000 m2.
- Que se a Consellería de Sanidade persiste en continuar co xogo de marear á perdiz co tema das ubicacións desa infraestrutura temos que dicirlle que os veciños e veciñas do Morrazo non pertencemos a ningunha especie “avícola” e non tragamos con paripés electoralistas simulando a visita presuntamente técnica dos responsables do SERGAS, como a do pasado día 19 de outubro a Cangas para valorar a idoneidade da parcela de Altamira, sen que se coñeza informe de ningún tipo.
- Que a expresión “no máis breve espazo de tempo posible” para empezar as obras do CAR nos parece unha tomadura de pelo pois contradi rotundamente o interese co que a Xunta está tomanto o asunto, xa que nin no orzamento autómico deste exercicio que agora remata nin para o de 2012 puxo un só euro con ese fin.
- Que reclamamos unha posición seria, clara e activa por parte da Xunta tanto para unha localización definitiva deste equipamento como na colaboración cos concellos, mesmo para a adquisición dos terreos adecuados se fose necesario de forma similar como se fixo co Novo Hospital de Vigo, ao tratarse éste dun proxecto de ámbito supramunicipal.
Etiquetas:
car,
comunicados
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: