24 nov 2011
AGDSP: Feijóo tenta facer pagar as receitas aos pensionistas
As declaracións do Presidente da Xunta de Galicia sobre a súa intención de aplicar copagos na prestación farmacéutica supón un novo paso na súa estratexia solapada pero cada vez máis acelerada de introducir os o copago na sanidade pública galega co argumento de que a crise obriga a recortar gasto público (súmase á pretensión de pagar ás persoas que se lles esgota o paro, aos que fan un uso irresponsable dos servizo, aos que precisan próteses, etc).
- Esta medida pretende facer pagar as receitas aos pensionistas o que supón unha medida discriminatoria que limitará o acceso dos pensionistas á atención sanitaria e afectar á súa saúde.
- Os pensionistas son as persoas con menos ingresos e con mais necesidades de medicamentos por padecer enfermidades crónicas. Son moi poucos os pensionistas que non toman medicación de xeito habitual e frecuentemente adoitan necesitar varios medicamentos para a súa múltiples doenzas.
- As pensións en Galicia son moi baixas cunha media de 767 euros. O 75% dos pensionistas non supera os 1.000 euros mensuais, o 1% os 1.500 euros mes e só o 0,5% os 2.000 euros.
- Os pensionistas presentan outras ademais outras limitacións que lles supón gastos moi significativos e Núñez Feijoo paralizou o desenvolvemento da Lei de Dependencia.
- Esta medida é ademais inxusta ademais por que os responsables da prescrición non son os pensionistas senón os médicos que recetan os medicamentos (que sofren a presión da industria farmacéutica).
- Núñez Feijoo pretende facer pagar a crise as persoas vulnerables e desprotexidas, mentres promete rebaixar os impostos aos máis ricos e poderosos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: