20 oct 2011
Charla-coloquio da Plataforma
Onte, mércores, a partir das 8h. da tarde, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a Charla-coloquio organizada pola Plataforma na que se deu conta das actividades realizadas durante o último ano e se presentaron os proxectos de traballo de futuro. Lugar central no acto ocupouno a análise da situación do proxecto de Centro de Alta Resolución do Morrazo, no que se valorou negativamente a opción do Alcalde de Cangas de ubicar esta infrastrutura en "Altamira", un lugar distinto á opción de "A Rúa" que a Plataforma considera óptima en Cangas que está ademáis sustentada por un informe favorable do SERGAS do ano 2008. Denunciose o empantanamento que está a sufrir o proxecto a causa da intromisión equivocada do Sr. Sotelo, que se empeña en situar o CAR nun lugar que polo seu dimensionamento anuncia importantes recortes nos servizos, equipamentos e espazos que unha infraestrutura destas características debe albergar; situación que está a ser aproveitada polo SERGAS para manterse á marxe e dar largas ao asunto, correndo o serio risco de que nos orzamentos da Xunta de 2012 non figure ningunha partida para este fin.
Na súa intervención Jesús Araújo Nores fixo unha pormenorizada exposición das características do CAR, da súa funcionalidade e importancia para dar unha cobertura sanitaria avanzada aos Concellos do Morrazo.
Ao longo da charla, que sería rematada cun animado coloquio que se prolongaría ata as 10h. da noite, tamén se denunciou o retraso inxustificado para a construción do Centro de Saúde de Aldán-O Hío, as listas de espera de POVISA, ás máis grandes, con enorme diferencia, de todo Galicia, e aos déficits discriminatorios que padecemos os ususarios e usuarias do SERGAS excluídos dun hospital de referencia público, como son a hospitalización a domicilio e os cuidados paliativos.
Coloquio sobre o estado da sanidade pública na comarca
Publicado en Xeado de Toxo

Etiquetas:
actividades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: