15 oct 2011
As plataformas na manifestación do 15O no Morrazo
Hoxe, 15 de outubro, a partir das 18h. máis de mil persoas xuntáronse en Moaña para percorrer en manifestación as rúas baixo a proclama "Unid@s por un cambio global", facendo así fincapé no rexeitamento ás políticas neoliberais que promoven a privatización dos servizos públicos, entre eles a sanidade, e denunciando ao poder das élites financeiras que soerguéndose por riba da soberanía dos estados impoñen a súa axenda de axustes e recortes en contra dos intereses das grandes maiorías.
Xunto aos lemas feitos xa populares polo movemento 15m como "Pouco pan para moito chourizo", "Non nos representan", "Con este sistema imos de cu", etc., poidéronse escoitar voces que coreaban desde "Solución, banqueiros a prisión" ata "Banca de usura, políticos basura" pasando polo clásico "Botín c..., traballa de peón".
Respondía a manifestación ao chamamento de unha xornada de mobilización a nivel mundial feito desde a rede 15O e nela participaron persoas a título individual e colectivos do Morrazo entre os que se encontraban as plataformas da sanidade posicionadas en contra das medidas de recortes e de potenciación do sector privado emprendidas polo actual goberno da Xunta.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: