28 oct 2011
As listas de espera en POVISA en máximos
Desde que a páxina web do SERGAS surte información sobre as listas de espera cirúrxica dos distintos hospitais de Galicia, nunca o tempo de espera medio en POVISA (163,5 días) tiña acadado uns niveis tan altos, tal como se pode comprobar no gráfico de abaixo. Dando por válidos estes datos, o cal é moito supoñer dado o nivel de desinformación, terxiversación e mentiras ao que ten chegado a Consellería da Sra. Farjas, o diferencial coa media dos hospitais de Galicia tamén se incrementou dunha maneira moi notable durante o terceiro trimestre do ano.
Estes resultados reflicten o fracaso do modelo implementado pola Consellería de Sanidade que se une ao maltrato dispensado ao Morrazo deixándonos sen o comprometido Centro de Alta Resolución e fóra do Novo Hospital de Vigo. Segundo se pode desprender das últimas informacións que apuntan a unha redución drástica no número de camas e de servicios en xeral deste novo centro hospitalario, os veciños e veciñas do Morrazo seguiremos encadeados a POVISA e non teremos a posibilidade de acceder a el mediante a cacarexada "libre elección de hospital". Ante isto desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas únimonos as cada vez máis numerosas voces que piden a dimisión da Conselleira de Sanidade, a Sra. Farjas.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: