27 sept 2011
A AGDSP alerta sobre as graves consecuencias dos seguros sanitarios privados
Ante as noticias de que Galicia se está producindo un incremento nos seguros privados asociados aos recortes e a consecuente deterioración da Sanidade Pública (*), a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere alertar á opinión pública sobre as graves consecuencias que tería para a atención sanitaria e para a equidade, a estratexia da actual administración de potenciar e apoiar desde a administración sanitaria os seguros privados complementarios para os grupos de poboación con maior capacidade económica: Esta política que deixaría para o sistema público (beneficencia) aos grupos sociais con menor capacidade económica para adquirilos, tería ademais importantes repercusións sanitarias.
As empresas aseguradoras privadas son empresas que buscan fundamentalmente o lucro e a ganancia na atención sanitaria polo que
(*) As persoas con seguros privados creceron no 2011 en 10.646 cun incremento do 4% no volume de primas e un total de 250 millóns de euros)
As empresas aseguradoras privadas son empresas que buscan fundamentalmente o lucro e a ganancia na atención sanitaria polo que
1. Rexeitan ás persoas con problemas e riscos de saúde:
· Esixen aos novos asegurados unha saúde case perfecta. Antes de aceptar a un cliente sométeno a un exhaustivo recoñecemento médico tras o cal decidirase se é admitido ou non.
· Ante a máis mínima sospeita de que presente complicacións de saúde as persoas son rexeitadas.
· Pon trabas ao uso dos recursos contratados
· Aplican períodos de carencia á entrada en vigor das pólizas polo que o dereito á atención non é efectivo desde o principio (isto ten por finalidade evitar clientes que buscan beneficiarse inmediatamente da sanidade privada ou previr a contratación de usuarios problemáticos).
2. Discriminan a mulleres e anciáns:
· Discriminan ás mulleres en idade fértil, (que usan frecuentemente as consultas de xinecoloxía e obstetricia)
· Incrementan as primas entre o 75 e o 100% aos maiores de 65 anos
· A oferta é menor nas áreas rurais ou menos desenvolvidas economicamente que ofrecen menos oportunidade de negocio
3. Introducen moitas limitacións na letra pequena:
· As aseguradoras establecen limitacións sendo as exclusións máis xeneralizadas: O SIDA, as drogodependencias, o alcoholismo, os tratamentos para a esterilidade ou infertilidade, a interrupción voluntaria do embarazo, a cirurxía estética, o tratamento do cancro ou os transplantes..
· Tampouco cobren os danos por práctica de deportes, catástrofes meteorolóxicas, sísmicas ou inundacións, nin o custo dos medicamentos
· Establecen límites á hospitalización (especialmente ás máis custosas).
(*) As persoas con seguros privados creceron no 2011 en 10.646 cun incremento do 4% no volume de primas e un total de 250 millóns de euros)
Etiquetas:
agdsp,
seguros privados
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: