9 ago 2011
A Consellería de Sanidade desmantela Áreas Sanitarias
A Lei Xeral de Sanidade (LGS) estableceu un modelo sanitario descentralizado, que transfería ás Comunidades Autónomas a responsabilidade da ordenación, a xestión e a prestación dos servizos. Estas á súa vez deberían transferir ás Áreas Sanitarias a xestión dos servizos e actividades, para garantir a proximidade aos problemas e necesidades de saúde e facilitar a participación social nas actuacións do sistema sanitario.
As Áreas Sanitarias son as responsables da xestión dos centros sanitarios e das actividades e programas sanitarios. (capítulo III, art,56 ap 2).
Deberán ter órganos de dirección, xestión e participación (art, 57). No seu territorio os hospitais deberán desenvolver as súas actividades complementariamente coas actividades da Rede de Atención Primaria.
Coa creación a creación das Estruturas de Xestión Integrada das Áreas Sanitarias e a eliminación das áreas de Monforte, Salnes, Barbanza e Valdeorras, a Consellería de Sanidade pon en evidencia o tipo de política sanitaria que pretende aplicar en Galicia, contraria ao establecido pola LGS e que está dirixida a:
1.- Evitar o control da súa xestión xa que publicou estes decretos que alteran as estruturas das áreas sanitaria, nos meses de xullo de agosto, cando a maioría dos traballadores sanitarios e cidadáns gozan das súas vacacións, coa intención de evitar o seu coñecemento e calquera resposta social ou sindical.
2.- Desmantelar de xeito progresivo as áreas sanitarias que foron creadas para planificar, distribuír e xestionar os recursos sanitarios en función das necesidades de saúde de cada territorio contando coa participación cidadá e profesional. Estas estruturas supón un estorbo para introducir o mercado e a competencia na sanidade. Preténdese así trasladar a Galicia a política privatizadora posta en práctica polo PP en Madrid onde eliminou as 11 áreas sanitarias da CCAA, coa finalidade de ampliar o espazo de negocio das multinacionais sanitarias que se fixeron cunha parte importante dos recursos sanitarios a través da colaboración público privada e as PFI (como en Galicia).
A ausencia de órganos de participación social na estruturas de xestión e o peche das áreas sanitarias de Monforte, O Salnés ou Barbanza, suporán que estas perderán a capacidade para planificar e defender os intereses sanitarios da súa poboación.
A desaparición da Atención Primaria dos órganos de xestión destas estruturas, suporá a súa laminación definitiva dado o seu escaso peso dentro do sistema. A xestión da AP quedará subordinada aos grandes hospitais, a pesar de que debería ser o eixo do Sistema Sanitario segundo a Lei Xeral de Sanidade e a Lexislación Sanitaria Galega.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: