26 ago 2011
Apoio á concentración veciñal contra expropiación dos terreos para o Novo Hospital de Vigo
Ante a concentración que mañá Venres día 26, os veciños de Valladares van realizar na Panadería “Cholo”, ante a orde de desaloxo das súas propiedades, a Asociación Galega para a Defensa Sanidade Pública quere:
- Solidarizarse cos veciños de Beade ante a expropiación dos terreos a prezo de saldo para un negocio privado como o que vai ser a construción do Novo Hospital de Vigo. A AGDSP quere recordar que A Concellería de Sanidade do Goberno Bipartito , tenia consignado preto de 15 millóns de euros para realizar o abono das expropiacións para un terreo de carácter público e para realizar a construción dun Hospital Público .
- A Concellería de Sanidade da Xunta de PP, realiza un espolio cidadán cun abono de 4,5 millóns de euros, para entregalo a un ente Privado para realizar un Hospital Privado durante 20 anos e cun gran negocio de 1.800 millóns de euros e alugarllo posteriormente á Xunta.
- Denunciamos non só a entrega dos terreos á empresa Acciona, senón a modificación do Plan Funcional elaborado polos traballadores do Complexo Hospitalario de Vigo no ano 2009 por outro de menor contía e sen contar cos traballadores nin a cidadanía, no que se vai a construír un hospital de 900 camas que non vai liquidar os problemas asistenciais da área sanitaria de Vigo e que hipoteca as necesidades de infraestrutura sanitaria da área e frustra as aspiracións cidadás como se comprobou na manifestación celebrado en Vigo con máis de 60.000 cidadáns, reclamando un HOSPITAL PÚBLICO DE 1496 camas que de cobertura asistencial a toda a área sanitaria de Vigo, incluída a poboación do Morrazo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: