21 jul 2011

postheadericon O sistema sanitario público é sostible e non está en perigo

Fronte a ofensiva mediática promovida dende diferentes foros e grupos de presión política, académica e profesional, que promoven a privatización do Sistema Sanitario, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar a opinión pública as seguintes consideracións:
Unha parte importante do gasto sanitario e innesario e corrixible e esta relacionado co deficencias organizativas e funcionais do sistema sanitario como son a:

  • Sobreutilización da tecnoloxía (só un 30 % está xustificada), pola presión da tecnoestructura económica e sanitaria e pola fascinación que exerce nos médicos, incrementa os custos (30 % do gasto sanitario total español)
  • Persecución inmisericorde do diagnóstico, ata sen ter en conta as necesidades dos pacientes, incrementa os custos
  • Variabilidade inxustificada da práctica clínica incrementa os custos e os riscos para o paciente
  • Fragmentación dos centros compra qure rompe as economías de escala incrementando os custos
  • Descoordinación entre atención primaria, hospitalaria e atención socio-sanitaria incrementa os custos
  • Medicina defensiva que encarece o gasto sanitario ata un 15-20 %, como pasa en USA
  • Politización da xestión produce desconfianza, desmotivación e falta de colaboración dos profesionais no cumprimento dos obxectivos asistenciais e financeiros do SNS
  • A baixa financiación da atención primaria que reduce a súa capacidade de intervención e dificulta o seu labor resolutiva e de filtro
Os cidadáns fan un uso razoable dos servizos de saúde:
Non é realista a cifra de 9 visitas/ paciente/ ano ao médico de cabeceira. O dato máis fiable é de 6 visitas/acode/ano, segundo unha enquisa realizada a 4.250 pacientes en 18 provincias e en 170 centros de saúde en setembro de 2010 (5,6 visitas/paciente/ano segundo a avaliación da estratexia AP21). Por outro lado os cidadáns están satisfeitos coa atención primaria como mostran as enquisas donnde obtén unha satisfacción de 8 sobre 10 (8,4 na estratexia AP21).
Gran parte do consumo de servizos de saúde (o 70 %) é decidido polos médicos e polo propio sistema (consultas, burocracia, etc).

O envellecemento poboacional non é o principal problema:
Nos peores escenarios, o envellecemento faria crecer o gasto sanitario total entre un 5-20 % (en torno ao 9 % en 2016 ) e o farmacéutico un 15 %
A Situación en Galicia e preocupante pola estratexia da actual Xunta de Galicia de recortar gasto sanitario o mesmo tempo de incrementa o endebedamento oculto a pagar ao sector privado: Este ano recortouse en 200 millóns o orzamento sanitarios (4,6% menos que o 2010) e o mesmo tempo pretendese financiar os novos hospitais e centros de saude recorrendo o sector privado (Financiaón Público Privada ou PFI), que multiplicará por 6 ou 9 veces o coste final dos mesmos. Asi a licitación do Novo Hospital de Vigo supora que una obra que costaba 457 millóns de euros por financiación pública pasará a máis de 1.800 millón a pagar en 20 anos a consoricos privados (e que non figuraría como endebedamento sinon como gasto corriente) . De aplicar esta formula ao conxunto de obras necesarias o gasto disponible para o funcionamento dos centros publicos quedaría en torno o 5% do gasto sanitario.

Os copagos non son a solución:
  • Soamente disuaden a utilización de servizos aos mais por pobres e anciáns de baixos ingresos (en España hai mías de 4 millóns de parados, o 57% dos asalariados ganan menos de 1.000 euros e a pensión media e de 750 euros)
  • Son pouco eficaces na contención do gasto e no caso de facelo afecta a necesaria ademais da inxustificada
  • Os custos de xestión do copago fan que este non aporte o final recursos adicionais ao sistema sanitario
  • Copagos moderados de 10 euros por consulta ou de 15 por urxencia recadarían soamente un 0,85 % do gasto sanitario actual
  • Hai evidencia de que os países que introducen o copago incrementan o seu gasto sanitario. Por exemplo en Portugal ao introducir o copago, o gasto sanitario creceu un 4,7 % sobre o PIB, fronte ao 2,5 % en España
  • Os copagos producen custos indirectos, como incremento de ingresos hospitalarios, con aumento final de custos en 240 $/acode/ano (USA)
Tampouco é solución incrementar o aseguramiento privado:
  • Redúcese a recadación para o sistema sanitario público
  • Increméntanse os custos administrativos
  • Aumenta a poboación sen ningún tipo de cobertura, porque o cidadán non pode manter crecementos das curmás dun 5 % interanual de media
  • A concentración de seguros elimina a competencia e a libre elección do usuario
  • Hai marxe para mellorar a eficiencia do SNS:
  • Asegurando orzamentos suficientes, incrementando a recadación fiscal, recuperando impostos e procurando un financiamento realmente destinado a sanidade (finalista)
  • Incrementando o uso de medicamentos xenéricos, podería reducirse o crecemento do gasto farmacéutico hospitalario (crece un 15 % cada ano)
  • Regulando as manobras de mercadotecnia dos laboratorios farmacéutico dirixidas aos médicos e asociacións de enfermos, podería reducirse ese 50% de medicamentos que se prescriben, dispensan ou venden de forma inapropiada, e/ou que a metade dos pacientes toman incorrectamente
  • Adecuando a utilización tecnolóxica (modelo NICE,?), poñendo en marcha unha axencia central única e pública para comprar os recursos do sistema
  • Paralizando as privatizacións, externalizaciones, desregulacións, fragmentacións de centros e servizos, etc.?
  • Potenciando a Atención Primaria: Existe evidencia de que unha AP forte consegue mellores niveis de saúde da poboación, con boa satisfacción cidadá e a uns custos soportables
  • Fomentando a participación e implicación profesional e cidadá
  • Mellorando a coordinación entre atención primaria, hospitalaria, os servizos sociais e sociosanitarios, para atender no nivel mais is apropiado os problemas e demandas de atención de saúde
O noso Sistema Sanitario Público non está en perigo:
En España, en canto a resultados en saúde, nos últimos trinta anos a esperanza de vida a pasado de 75,6 anos a 81,1 e a mortalidade por todas as causas de 819,50/100.000 habitantes a 568,5.
Ademais, o noso sistema sanitario é barato e eficiente e non está en perigo, nin pola parte do gasto, que é un 15% inferior e creceu un 34% menos que a media dos países da OCDE; nin pola dos ingresos fiscais, que teñen marxe para crecer, porque son un 22% inferiores e descenderon un 56% máis que a media de países da OCDE.
Se privatizamos, o sistema será máis custoso e insostible: deixará fóra da asistencia a millóns de cidadanas que son os que máis o necesitan.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger