21 jun 2011
Retíraselle a compensación polo consumo de auga e electricidade aos doentes con osixenoterapia domiciliaria
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Lugo denuncia que nos primeiros meses do ano, arredor duns 1.500 usuarios da sanidade pública galega (doentes que reciben un tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentrador, doentes pulmonares, EPOC) recibiron nos seus domicilios unha circular firmada polo Secretario Provincial do Sergas, o Sr. J. Ramón Fernández González (a súa vez Director Provincial do Sergas, en funcións), na que se lles comunicaba que a orden do 4 de novembro do 2010 (DOG do 16-11-2010), da Consellería de Sanidade da Xunta de Galícia, non contempla no seu articulado a compensación económica polo consumo de auga e electricidade que se aboaba ata a data ós citados doentes e que ascendía a 14,46 euros mensuais, (173,72 euros anuais), razón pola que se deixará de pagar a citada cantidade a partir do día seguinte a súa publicación.
Esta medida, demostra que en Galicia os plans de contención do gasto empezaron hai xa algún tempo dunha forma calada e sen apenas repercusión mediática. Quen se vai preocupar de 1500 doentes en Galícia, posiblemente alonxados entre si, sen posibilidade de protestar, enfermos crónicos, anciáns con pensións ridículas...?
Os medios téñenos ó tanto dos recortes que se queren poñer en marcha en Cataluña, pero sospeitosamente dos que o PP está a impor en Galicia non falan, e levamos xa dous anos e medio sufrindo fortes recortes.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: