9 may 2011
A Plataforma pide compromiso aos partidos co Centro de Alta Resolución
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas pide a todos os partidos que optan a conseguir un posto de concelleiro para os seus candidatos nas próximas eleccións locais que se compromentan no obxectivo de conseguir para Cangas o Centro de Alta Resolución 100% público, unha infraestrutura que permitiría descentralizar a actividade hospitalaria radicada en Vigo, achegando a realización das probas diagnósticas e os tratamentos terapéuticos nun mesmo acto aos usuarios e usuarias de Cangas, Moaña e Bueu, ao tratarse dun hospital de proximidade sen camas.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas insiste en que a construción do Centro de Alta Resolución, sobre o que o anterior goberno da Xunta e o Concello de Cangas tiñan dado os primeiros pasos sobre unha localización ben comunicada cos municipios implicados e sobre a adaptación urbanística, contribuiría dunha forma moi importante a paliar a situación de discriminación en determinadas especialidades extrahospitalarias das que carecemos neste momento, pois podería contar coas especialidades de oftalmolocía, cardioloxía, xinecoloxía-obstetricia, endrocrinoloxía, traumatoloxía, rehabilitación e fisioterapia, dermatoloxía, otorrinolaringoloxía, entre outras, e ademáis solventar as deficiencias nas urxencias ao poder prestar este servicio durante as 24 horas en condicións.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere chamar a atención que posiblemente sexa este o reto máis importante desde o punto de vista económico e social para os concellos do Morrazo implicados nos próximos anos e neste sentido insiste en que, por riba das lóxicas diferencias programáticas, todos os partidos deberían facer os esforzos necesarios por coordinar as accións da Xunta e das administracións locais competentes para que este obxectivo sexa unha realidade e que nos orzamentos autonómicos de 2012 xa se conte cunha partida para dar inicio ao proxecto.
Finalmente, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere sinalar que todos os partidos xa se teñen mostrado dunha maneira ou doutra a favor de que o proxecto do Centro de Alta Resolución vaia adiante no Morrazo, polo que consideramos que este período electoral é un momento oportuno para concretar os compromisos feitos públicos con anterioridade.
Piden apoio para o centro de alta resolución cangués
Publicado en La Voz de Galicia

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: