11 may 2011
As empresas concesionarias dos novos hospitais PFI de Madrid ameazan con pechalos se non se lles paga un canon maior
Javier Fernández-Lasquetty presidente da Asociación de Empresas Construtoras de Ámbito Nacional (SEOPAN), remitiu unha carta, ao conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid en nome das concesionarias (se adxunta) , na que lle indica que interpuxeron 20 recursos contencioso-administrativos contra o Goberno Autonómico, pola situación dos hospitais Puerta de Hierro, Infanta Sofía, Hospital del Henares, Infanta Leonor, Infanta Cristina, Sueste e Hospital del Tajo, acollidos ao modelo de financiamento privado PFI.
Os empresarios ameazan con romper os acordos alcanzados coa Consellería de Sanidade Madrileña se non se incrementa en 80 millóns de euros o canon anual, xa que consideran que a súa rendibilidade pasou do 11,22% ao 7,61 por cento. O peche destes hospitais PFI suporía deixar sen asistencia a miles de madrileños.
As dificultades económicas do goberno da CCAA de Madrid fai que este non pague nos prazos fixados o elevado canon acordado coas empresas pola construción dos hospitais. A administración sanitaria madrileña alega para iso os incumprimentos polas empresas dos contratos para a construción, financiamento e xestión dos servizos.
Segundo estas empresas concesionarias os problemas e desacordos ten que ver co:
Con todo as empresas xa recibiron máis diñeiro do que custou a construción dos centros e aínda se lles deben máis de 4.000 millóns de euros.
Esta alarmante situación vén demostrar, unha vez máis, as denuncias da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo sobre os riscos asociados a financiar o Novo Hospital pola fórmula PFI (copiada dos hospitais de Madrid) xa que ademais da privatización do centro e da enorme hipoteca asociada ao seu elevado custo (catro veces superior ao real), levan asociado o risco de que as construtoras pechen os hospitais se non reciben máis diñeiro do acordado no canon, como ocorre agora nesta CCAA.
Antes de que sexa demasiado tarde o único razoable é reintegrar o financiamento, construción e xestión do Novo Hospital de Vigo ao sistema público.
Carta das empresas PFI madrileñas esixindo máis diñeiro

¨ Desequilibrio nos fluxos de caixa dos hospitais
¨ Incremento do prezo final da obras e problemas co persoal dos centros
¨ Sobrecusto dos novos investimentos realizados nos hospitais durante a fase de explotación
¨ Cobro do IVE
¨ Aumento da actividade dos centros por encima do acordado na concesión
Con todo as empresas xa recibiron máis diñeiro do que custou a construción dos centros e aínda se lles deben máis de 4.000 millóns de euros.
Esta alarmante situación vén demostrar, unha vez máis, as denuncias da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo sobre os riscos asociados a financiar o Novo Hospital pola fórmula PFI (copiada dos hospitais de Madrid) xa que ademais da privatización do centro e da enorme hipoteca asociada ao seu elevado custo (catro veces superior ao real), levan asociado o risco de que as construtoras pechen os hospitais se non reciben máis diñeiro do acordado no canon, como ocorre agora nesta CCAA.
Antes de que sexa demasiado tarde o único razoable é reintegrar o financiamento, construción e xestión do Novo Hospital de Vigo ao sistema público.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo
Carta das empresas PFI madrileñas esixindo máis diñeiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: