17 abr 2011
Masiva participación en Ribeira en contra da privatización da sanidade
O pasado dia 13 de abril celebrouse unha manifestación na localidade coruñesa de Ribeira convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Barbanza para rexeitar a privatización do Servizo de Diálese do Hospital, que se pretende adxudicar á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (Friat), que xa presta esta actividade noutros tres hospitais do Sergas.
Esta privatización supón un novo paso na descapitalización do sistema público por parte da Consellería de Sanidade que pondra en mans privadas un servizo hospitalario de enorme transcendencia para os pacientes aos que somete a un risco inaceptable xa que esta Fundación Privada, ademais de utilizar os recursos do hospital público, reduce de xeito importante os recursos, como ocorreu no Hospital de Verín.
Á manifestación acudiron máis de dúas mil persoas e foi unha das máis importantes celebradas nos últimos anos na localidade.
Esta nova movilización vén mostrar, unha vez máis, o rexeitamento de cidadáns e traballadores sanitarios aos plans de deterioración e privatización da Sanidade Pública Galega que leva a cabo o Goberno do PP.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: