28 abr 2011
Listas de espera en POVISA: consolídanse nas alturas
As listas de espera cirúrxicas (as únicas que o SERGAS fai públicas por hospitais) de POVISA, correspondentes ao primeiro trimestre deste ano, despuntan escandalosamente de novo sobre as do resto dos hospitais públicos de Galicia, duplicando case o tempo de espera medio. Con estes resultados preliminares, desgrazadamente para os usuarios e as usuarias de Cangas, a negociación do novo Concerto en curso non pinta nada ben. Dificilmente podería ser doutra maneira despois do enorme poder fáctico que adquiriu o hospital privado, POVISA, na Área Sanitaria de Vigo durante as últimas décadas.
Sobran secretismos e faltan solucións claras para acabar con esta situación de discriminación inaceptable e a saída non pode ser outro Concerto que supoña máis diñeiro para POVISA, tal como pretenden os negociantes da nosa saúde, nin cambiar a actual situación por un convenio capitativo polo que o SERGAS se desprenda aínda máis da súa responsabilidade directa no Morrazo-sur, coas consecuencias nefastas de perda de calidade e empeoramento da atención hospitalaria.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas reiteramos a nosa aspiración a poder acceder a un hospital público e reclamamos para POVISA un cambio de status: que se converta nun hospital complementario do SERGAS para determinadas patoloxías e deixe de ter unha poboación asignada obrigatoriamente.
Etiquetas:
listas de espera,
povisa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: