3 abr 2011
10 medidas para mellorar a atención sanitaria en Cangas
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas fixo chegar a todos os partidos e a todas as candidaturas que se presenten aos próximos comicios municipais estas “10 medidas para mellorar os servizos sasnitarios en Cangas”.
Con esta iniciativa a Plataforma pide que inclúan esa táboa de medidas nos seus respectivos programas electorais e en beneficio dos veciños e das veciñas de Cangas os defendan públicamente nos actos e nas mensaxes da campaña electoral.
#10#
medidas para mellorar a atención sanitaria en Cangas
1. Construción do Centro de Alta Resolución do Morrazo.- Adquirir o compromiso de traballar conxuntamente entre todas as administracións implicadas (Concellos e SERGAS) para conseguir que a construcción desta infraestrutura tan importante como necesaria sexa unha realidade no máis breve espazo de tempo posible.
2. Construción do Centro de Saúde de O Hío.- Reclamar do SERGAS a inmediata licitación do Centro de Saúde do Hío, rexeitando ao mesmo tempo o modelo de financiamento público-privado moito máis caro a fin de contas en beneficio das empresas concesionarias.
3. O Novo Hospital de Vigo tamén para os cangueses e as canguesas.- Que se reconsidere a redución das máis de 300 camas sobre o proxecto inicial do Novo Hospital, así como que se confirme a posibilidade de que os/as usuarias de Cangas podan acceder a el, acabando coa discriminación con respecto do resto da poboación da nosa mesma área sanitaria.
4. Redución das listas de espera en POVISA.- Reclamar a disminución das enormes listas de espera deste hospital privado ao que estamos obrigados a acudir e que no caso das cirúrxicas, segundo os datos do propio SERGAS, duplican á media do resto dos hospitais públicos de Galicia, poñendo os medios de asesoramento e información por parte do Concello para recoller e trasladar ás autoridades sanitarias as queixas que presenten os/as veciños ao respecto.
5. Dotar ao Morrazo dos mesmos servizos que ten o resto da área sanitaria.- Hai que acabar coa discriminación que padecemos os/as veciños de Cangas que carecemos da prestación de determinados servizos, en primeiro lugar a hospitalización a domicilio e os coidados paliativos.
6. Reforzar o servizo de fisioterapia.- Para reducir as grandes listas de espera deste servizo que actualmente se presta no Centro de Saúde de Cangas para a poboación de Cangas e Moaña é preciso aumentar a dotación de persoal como mínimo nun fisioterapeuta máis, pasando dos 3 actuais para as dúas localidades aos 4.
7. Ampliación do horario de radioloxía.- É preciso solicitar á Consellería que tome as medidas adecuadas para ampliar o servizo de radioloxía de tarde, despois da recente asignación ao CS de Cangas da poboación de Moaña que supuxo practicamente a duplicación dos/as pacientes sen que, ao mesmo tempo, se incrementase a dotación de persoal e medios.
8. Reforzar o servizo de urxencias.- É preciso o reforzamento das urxencias ambulatorias dentro e fóra do centro para que se podan prestar en condicións, dotándoas polo menos de dous/dúas médicos/as e dous/dúas enfermeiro/as durante as 24 horas, mentres non se cree o Centro de Alta Resolución.
9. Ambulancia medicalizada.- Unha segunda ambulancia faise especialmente necesaria,sobre todo durante o período estival no que se produce un importante incremento da poboación coa chegada de turistas e forasteiros.
10. Creación do Consello Municipal da Saúde.- A necesidade de establecer canles de participación cidadá entre o órgano municipal e os distintos sectores sociais, axentes e institucións da comunidade vinculadas aos servizos de saúde, deberíase concretar na constitución do Consello Municipal da Saúde, tendo entre outras funcións a colaboración en campañas de educación e divulgación para a saúde, así como para poder presentar iniciativas e propostas ou elaborar estudios sobre as necesidades do noso Concello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: