18 mar 2011
Nota de prensa sobre o incremento das listas de espera en radioloxía
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere facerse eco do descontento de moitos/as pacientes que acuden a radioloxía do Centro de Saúde de Cangas polo incremento das esperas, despois de que o SERGAS decidise redireccionar cara a este servizo a toda a poboación de Moaña. Isto que podería supoñer unha ventaxa para os usuarios e usuarias do concello veciño, estáse convertendo nun auténtico problema para todos ao duplicarse practicamente o número dos que acuden á unidade de raios de Cangas, que segue a contar cos mesmos recursos materiais e humanos, así como os mesmos horarios que antes de tomar unha decisión tan desacertada.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas urxe, polo tanto, ás autoridades sanitarias a que tomen as medidas adecuadas para resolver este problema, á vez que quere poñer en evidencia que no proxecto do Centro de Alta Resolución do Morrazo, prometido e paralizado neste momento polo actual goberno da Xunta, xa se contemplaba a inclusión das especialidades de radiodiagnóstico e laboratorio, configurándose como a solución de fondo a esta e outras carencias de servizos especializados para proporcionar aos/as veciños do noso concello unha atención sanitaria digna e de calidade.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: