6 mar. 2011

postheadericon Nota de prensa sobre o anuncio de cese de actividade de POVISA

Os/as usuarios asignados a POVISA encontrámonos no medio dun fogo cruzado entre o SERGAS e esta empresa privada que de novo utilizou o ultimátum como arma de presión contra a administración da que básicamente recibe e os seus ingresos e pacientes.
Co anuncio feito público durante esta semana das ameazantes medidas de cese de actividade, POVISA pon en marcha por segunda vez en poucos meses a mesma representación dramática na que obriga a saír a escena como vítimas aos propios traballadores e na que os/as usuarias se nos outorga o papel de reféns dunha chantaxe permanente, que xa dura máis de dúas décadas, desde que se asinou o primeiro concerto singular.
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña facemos un chamamento as autoridades para que, como medida inmediata, emitan unha mensaxe de tranquilidade á pobación afectada no sentido de garantir a cobertura dos servizos hospitalarios e despexen unha situación de alarma social que preocupa.
Desde as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos denunciar ante a opinión pública que a situación de tensión creada pode estar deliberadamente fomentada para reforzar aínda máis o papel de POVISA dentro da área sanitaria de Vigo como saída ao concerto actualmente prorrogado. Non admitimos, polo tanto, nin que os actuais empresarios saian coa súa a conta da nosa saúde nin calquer manobra destinada a poñer a este hospital privado en mans de empresas da especulación global, ávidas, especialmente neste momento de crise, de encontrar un acubillo de investimento seguro, amparado e avalado pola administración pública.
POVISA non pode seguir condicionando negativamente o desenvolvemento dos recursos hospitalarios da área sanitaria, neste momento xa retrasada a respecto da Galicia norte. Os intereses de POVISA están detras dos importantes recortes no proxecto arquitectónico do Novo Hospital de Vigo e na paralización da construción do Centro de Alta Resolución do Morrazo, malia ser éste un compromiso do actual goberno da Xunta compartido por todas as forzas políticas e concellos afectados.
Desde a PDSCCeM consideramos fundamental que a saída ao actual concerto non pode ser outra que unha reducción do peso e o papel de POVISA dentro da área sanitaria en base a:
  • transformación de POVISA deixando de ser un hospital xeral para converterse nun hospital de especialidades, sen poboación asignada
  • que se reconsidere o recorte de máis de 300 camas no Novo Hospital de Vigo levado a cabo polo actual goberno da Xunta, pois este sería o primeiro e importante paso para evitar a chantaxe que desde hai máis de dúas décadas ven exercendo POVISA sobre as distintas administracións que pasaron pola Xunta de Galicia
Finalmente, queremos reiterar públicamente a nosa solidariedade cos traballadores de POVISA, que defenden a estabilidade laboral, no marco das reivindicacións expresadas polas Plataformas.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Está moi ben que poñades a parir a POVISA e despoiis digades para quedar ver que vos solidarizades co personal da empresa. Pois si as vosas reivincacións van en contra deste personal, cargándovos a empresa cargadesvos tamén a ese personal co que vos solidarizades. O que eu miro é que máis que unha plataforma sodes un panda de radicais politizados e vos importa un pemento os 1500 traballadores desa empresa que tanto criticades, tanto que defendedes ó traballador e queredes cargarvos a toda esa xente, 1500 familias nin mais nin menos. Gustariame moito que algun familar voso traballase nesta empresa ou incluso o voso matrimonio traballase aquí e por culpa desta politica que vos dicides se quedasen na rua no paro e sen recursos, ¿gustariavos?.
Por outra banda gustariame que vos informedes mellor, xa que moito falades de chantaxe, pero povisa recibe moito menos diñeiro polo mesmo traballo que se fai na publica, asi que saimolle mais barato o sistema publico e isto cunha calidade mais que boa, senon informadevos da Join comision que é unha entidade de control de calidade que emitirá en breves o seu resultado de avaliación de povisa.

Por último repetirvos que pensedes e todas esas familias que traballan nese hospital que tanto criticades, eu como traballador dicirvos que se algún dia vos coñezo explicariavos tres ou catro cousiñas sobre solidaridad, sobre chantaxe, E SOBRE TODO SOBRE HUMANIDADEEEEEEEEEE.

celialor dijo...

E xa postos, a parte de estar de acordo co meu compañeiro, se tanto e o malo que fai POVISA para a sanidade e tendo en conta que o novo hospital vai pra lexos, porque non pedides ao Sergas, que como según vos, POVISA lle sae tan caro a sanidade pública polo que se lle paga, que o compre e o xestione o Sergas, non será que eso non se contempla porque a realidade e que a xestión privada de o Hospital sae maís barata que a xestión pública...?
O dito, primeiro informaros, preguntadelles os nosos pacientes, que a maioría nos apoian, e enteradevos bien de como e concerto e porque de isas longas listas de espera das que falades, que xa está ben de mentir e perxudicar a 1500 profesionais que se deixan a pel a diario pra facer o traballo o mellor posible.
E non sexades hipocritas, que solidarizarse cos traballadores e asegurarnos os nosos traballos, non insistir en que os perdamos...

Anónimo dijo...

Isto e o que poñedes en quenes somos:
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas creouse o 9 de xullo de 2.010 por iniciativa dun grupo de persoas e colectivos especialmente preocupados tanto polas ameazas privatizadoras á sanidade pública como polo desexo, "compartido por moitos veciños e veciñas do noso concello", de non ser discriminados no acceso aos mesmos servizos públicos que o resto da poboación da nosa mesma área sanitaria.
Desde entón ven asumindo o traballo organizativo e social unha Comisión Xestora formada por sete persoas que dan contas periodicamente do seu labor a unha asemblea xeral.


Leer o entrecomillado,¿qué pasa fixestes unha enquisa a todo o pueblo, jajaja, que mítica frase de políticos falando polo pobo, pois eu dicirche que son do pueblo e moita xente fala moi ben de POVISA, igual que habrá xente que non.
Outra cousa que me soprende e que a Comunidade de montes de darbo este na vosa lista de quen sodes, cando esta comunidade levase non moi ben co bipartito de esquerdas que rexenta o axuntamento de Cangas, este comunidade tampouco quiso facer o campo de herva sintética con este axuntamento, xa miraremos si hai cambio de alcalde si o fan co seu amiguiño Sotelo do PP. Hai canta contradicción nesta plataforma con ideas de esquerdas e con xente que é amiguiña da dereita.
Sintioio moito pero vou meter moita caña a esta plataforma que vai na miña contra como traballador de Povisa, tades a xogar co pan da miña filla e vou denunciar todas as mentiras que lea. No noso traballo un fallo levate o cárcere, no voso politiquillos facedes o que vos a gana e ninguen vos tose e saides de rositas. Un saudo e espero que digades mais verdades.

Anónimo dijo...

Outra das vosas reivindicacions:
Esta Plataforma nace para defender os intereses dos cidadáns pacientes-usuarios do concello de Cangas. Queremos un sistema de saúde 100% público e estamos en contra do modelo privatizador que o actual goberno quere extender a todos os niveis, desde a atención hospitalaria ata a primaria.
Por outra banda, aos veciños de Cangas estásenos a obrigar a acudir aos servizos hospitalarios dunha empresa privada (POVISA), o que consideramos unha discriminación que nos perxudica en canto atención, dotacións e calidade.

Por todo exposto a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas defende:

Que os usuarios-pacientes de Cangas podamos acceder ao novo hospital de Vigo unha vez construído para acabar coa discriminación a respecto do resto dos cidadáns da área sanitaria.
Que se constrúa o necesario Centro de Alta Resolución para a zona sur do Morrazo como medio fundamental de achegamento do servizo de diagnóstico ao cidadán mellorando o acceso aos especialistas, disminuíndo os tempos de espera e dando maior rapidez aos tratamentos.
Que o novo centro de saúde de O Hío se constrúa coa maior celeridade posible.

Pola defensa da sanidade 100% pública!!
Polo dereito dos veciños de Cangas de acudir ao novo hospital de Vigo!!.


ASI ME GUSTA FALANDO POLO POBO, EU SONCHE DO POBO E QUERO IR A POVISA, E COMA MIN MOITA XENTE, E INDA QUE CANGAS ESTÉ ASIGNADA A POVISA SE QUERES CAMBIAR DE MEDICO, QUE ESTÉ NOUTRO HOSPITAL PUBLICO PÓDELO FACER, ESTE É UN DEREITO DO PACIENTE QUE TODO O MUNDO COÑECE. ASI QUE XA SABEDES SENON ESTADES CONTENTOS ATALOGUIÑO.
EU AGORA FAGO UNHA PREGUNTA ¿POR QUÉ A XENTE NON FAI ISTO? SERÁ PORQUE A ATENCION NON E TAN MALA, OU SERÁ QUE FALADES POLO POBO SENTER EN CONTA Ó POBO. OUTRO SAUDO, EN BREVES MAIS.

Anónimo dijo...

OUTRA PERLA RAPACES:
POVISA é un negocio privado que parasita ao SERGAS. Durante a última década, o importe económico que lle destinou a administración pública non deixou de medrar, incrementándose nun 60,2%. En 2007 POVISA declarou uns beneficios de máis de catro millóns de euros, tirados directamente da nosa saúde.

POVISA NENOS E UN HOSPITAL DONDE OS SEUS TRABALLADORES CURRAN COMA CANS PARA QUE OS PACIENTES TEÑAN MAXIMA ATENCIÓN, SENDO MOITO MAIS RENTABLE EFICAZ E EFICIENTE QUE UN HOSPITAL PUBLICO CO DIÑEIRO QUE LLE DAN.
ESE IMPORTE DO QUE FALADES INCREMENTASE Ó IGUAL QUE NOS HOSPITAIS PUBLICOS QUE RECIBEN APROXIMADEMENTE UN 20% MAIS DE CARTOS POLO MESMO TRABALLO, ISTO SI QUE E TIRAR COS CARTOS PUBLICOS.
EN 2007 FORON 4 MILLONS DE BENEFICIO OS CALES SON REINVERTIDOS NO HOSPITAL PARA MELLORAR A CALIDADE ASISTENCIAL ASI QUE DE TIRAR MAIS BEN POUCO.OUTRO SAUDIÑO.

Anónimo dijo...

"Un negocio a conta da nosa saúde"
ERA O QUE ME FALTABA POR LER, PARECEME INDIGNANTE E UNHA FALTA DE RESPETO COMO TRABALLADOR SANITARIO QUE ME DIGAN QUE TRABALLO EN CONTRA DA SAUDE. A MIN E PENSO QUE TODOS OS PROFESIONAIS DESTA EMPRESA O QUE MAIS NOS PREOCUPA E O PACIENTE SENON NON TRABALLARIAMOS NUN HOSPITAL.¿DE QUE TRABALLADES VOS? GUSTARIAME SABELO PARA DECIRVOS 3 OU 4 COUSAS SOBRE COMO TRABALLADES, VOUME IR RETIRANDO PORQUE ESTOU A ENERVARME E PODO ESCRIBIR ALGUNHA COUSA DA QUE ME ARREPINTA E O PRIMEIRO E A EDUCACION.

Anónimo dijo...

Perdón polo ultimo comentario trabuqueime ó leer e como dixen xa estou enervado.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas