12 feb 2011
Proposta das Plataformas de Cangas e Moaña para a mellora do tratamento do cancro de mama ás mulleres do Morrazo
![]() |
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña presentaron en roda de prensa unha proposta para a mellora do tratamento do cancro de mama para as mulleres do Morrazo. |
As mulleres de O Morrazo cando nos convertemos en mulleres afectadas de cancro de mama, recibimos o noso tratamento e intervencións cirúrxicas en POVISA, ao que estamos obrigadas a acudir por ser o noso hospital de referencia.
En POVISA non existe unha unidade de cancro de mama como tal, estando este padecemento atendido no departamento xeral de xinecoloxía e oncoloxía dese hospital.
O SERGAS ven de poñer en funcionamento, no mes de maio, no CHUVI, en concreto no Hospital de O Meixueiro, unha unidade especializada de cancro de mama, pioneira no tratamento desta doenza: unha semana para a primeira cita, diágnóstico en quince días e operación en menos de un mes, facéndose case sempre as probas no mesmo día. A redución do sentimento da angustia da espera é un dos seus obxectivos.
Isto fai que a supervivencia das mulleres afectadas de cancro de mama asistidas neste tipo de unidades aumente entre o 4 e o 5%.
Ademáis, nesta unidade estase potenciando que a mastectomía e a reconstrución se fagan na mesma intervención, cando isto sexa posible por razóns médicas, que se calcula que é no 30% dos casos.
As mulleres de O Morrazo, como xa dixemos antes, estamos na obriga de acudir a POVISA impedíndosenos, así, que teñamos acceso a estes importantes avances médicos.
Os tempos de diagnóstico e intervención son moi superiores en POVISA e as mastectomías non levan aparellado en ningún caso a reconstrución inmediata, nin tan sequera somos informadas desa posibilidade.
Diante desta situación claramente discriminatoria para as mulleres de Cangas e Moaña que pertencemos a mesma área sanitaria de Vigo que as mulleres que teñen acceso a esta unidade, solicitamos que se tomen medidas que nos permitan ser atendidas como nos corresponde:
- Que ao ser diagnosticadas, de forma inmediata, se nos informe do dereito a unha segunda opinión médica ao abeiro do disposto no art. 4.1.a do Decreto 205/2007 de 27 de setembro, na nova unidade do CHUVI, adaptando os protocolos previstos aos prazos mínimos indispensables para a súa maior efectividade.
- Que no caso de que o diagnóstico determine a necesidade da mastectomía, e a paciente estea incluída nese 30% ao que se lle pode facer a reconstrución inmediata, que poida ser atendida no propio Hospital de O Meixueiro.
- Que desde este momento se apliquen os protocolos de coordinación entre a asistencia primaria e a hospitalaria que agora xa funcionan no resto da poboación da área sanitaria que non está asignada a POVISA.
- Que o SERGAS dispoña os medios humanos e materiais para que todas as mulleres da área sanitaria de Vigo teñamos acceso á unidade de cancro de mama.
O Morrazo, 12 de febreiro de 2011
Piden que se implante o protocolo do cancro de mama no Morrazo
Publicado en La Voz de Galicia
O Morrazo quiere ser atendido de cáncer de mama en el Chuvi
Publicado en Atlántico Diario
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: