7 dic 2010

postheadericon A poboación pediátrica pódelle reportar a POVISA un mínimo de 10 millóns de euros máis

A ampliación que Povisa solicita na nova concesión incorporando a poboación pediátrica, exactamente 18.174 nenos menores de 15 anos que corresponden á súa área de referencia, poden significar de 10 a 15 millóns de euros dependendo da cantidade per cápita que se aplique ( de 515 a 779?) e é unha forma de incrementar o beneficio empresarial. A explicación é sinxela, pois incorporaría poboación máis sa que non xera consumo como é a pediátrica. Isto choca con que na actualidade non asumen as patoloxías máis custosas como son a Hospitalización a Domicilio, Coidados paliativos e diversas patoloxías Hematológicas. Ademais de persistir a actual desigualdade para a poboación da súa área de referencia respecto da que é atendida no CHUVI, esta aspiración responde a un interese económico e en ningún sentido no sanitario. Isto é o que acontece cando a actividade sanitaria é un mercado no que se buscan beneficios e non a prestación dun dereito da cidadanía.
É o momento de non encartarse ás repetidas chantaxes e presións de Povisa e aplicar o Acordo Básico pola Saúde na área Sanitaria de Vigo de 25 de Xuño de 2006, asinado pola anterior Consellería de Sanidade , o Conselleiro delegado de Povisa (D. Jose Bernardo Silveira Martin), o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia ( D. Antonio Fontenla Ramil), o Vicerreitor de Investigación da Universidade de Vigo (D. José Cidrás Pidre) e os Secretarios Xerais dos Sindicato de UXT, CC.OO e CIG.
Tamén é o momento de retomar as conclusións do “Plan Estratéxico” do CHUVI, con amplo consenso social e político, que expuña, que POVISA pasase a ser un hospital concertado por patoloxías, adecuando o seu persoal á súa carteira de negocios, privados, pacientes dos seus seguros, así como ao 15% da actividade concertada que xere o CHUVI.
Todo isto a xuízo da AGDSP é unha vez mais unha interferencia deste hospital privado no desenvolvemento da sanidade pública da área viguesa, que no seu día interferiu o crecemento do Hospital Xeral, bloqueou o seu desenvolvemento tecnolóxico, conseguiu fai 20 anos que o Hospital do Meixoeiro non tivese as dimensións e servizos previstos e agora unha vez mais pretende obviamente coa conivencia da Conselleria e do SERGAS cuxa xerente formo parte do seu equipo directivo, condicionar o desenvolvemento do Novo Hospital de Vigo, reducindo o número de camas do proxecto, para poder manterse como hospital xeral.
A AGDSP demanda á Conselléira de Sanidade que se manteña o actual concerto mentres non se termine o Novo Hospital de Vigo e reivindica a construción e o dimensionamiento do NHV, proxectado no plan Arquitectónico realizado pola anterior Conselleíia de Sanidade e con Financiamento Público para poder atender á poboación de referencia da área sur de Pontevedra e evitar as chantaxes das empresas subministradoras de servizos, que usan como reféns, aos Pacientes e aos sanitarios do seu propio hospital.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger