5 nov 2010
Concurrida asistencia á mesa redonda da Plataforma
A mesa redonda que, baixo o título "Sanidade Pública. Presente e futuro", se celebrou onte en Cangas resultou todo un éxito. O salón de plenos do Concello quedou pequeno para acoller ao gran número de veciños e veciñas que acudiron a escoitar a intervención dos oradores: Jesús Araújo Nores, Manuel Martín García e Manuel González Moreira. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas hincha velas e disponse a traballar para que a xornada do 21 de novembro sexa tamén todo un éxito.
A continuación reproducimos o texto da intervención do representante da Plataforma na presentación do acto:
"En primeiro lugar, boas noites e moitas grazas pola súa presenza.
Diríxome a todos e a todas vostedes en nome da PDSPC, organizadora desta mesa redonda, que baixo o título “Sanidade Pública. Presente e futuro”, pretende dar a coñecer a situación de emerxencia pola que atravesa nestes momentos a Sanidade Pública en Galicia, seriamente ameazada pola decisión da Xunta de privatizar os novos hospitais por construír en Vigo e en Pontevedra, os futuros CCSS e outras infraestruturas sanitarias.
Os tres intervintes, que temos aquí hoxe connosco, sen dúbida se referirán, á privatización do novo hospital de Vigo. Sen embargo, algún dos presentes poidera preguntarse “e a nós que nos vai niso se estamos encadeados a POVI$A de por vida?”. Os veciños e veciñas de Cangas non podemos renunciar a ser atendidos nun novo hospital de Vigo 100 por 100 público, e por iso reclamamos o fin dunha discriminación de tantos anos con respecto ao resto dos usuarios e usuarias da nosa mesma área sanitaria. Agora que está a piques de rematar o concerto con este hospital privado fálase dos postos de traballo cos a dirección do centro chantaxea aos traballadores, fálase de compensacións económicas á empresa, pero do que non se fala por ningures é dos pacientes, usuarios e usuarias. Tal vez sexa este o momento de lembrar as conclusións do “Plan Estratéxico” do CHUVI, que supuña que POVISA pasase a ser un hospital concertado por patoloxías. Deixo os detalles para os conferenciantes.
Pero antes de nada permítanme facer un repaso da brevísima historia da PDSPC. A PDSPC naceu o pasado mes de xullo por iniciativa dun grupo de persoas procedentes de distintas profesións, edades e ámbitos, especialmente preocupadas pola voráxine privatizadora na que nos están metendo os nosos gobernantes da Xunta. Durante este verán e ata agora empeñámonos en recabar adhesións entre o movemento asociativo e os colectivos de Cangas, porque estamos convencidos de que para parar aos que pretenden facer da nosa saúde un saúdable negocio para bancos e aseguradoras, necesitamos ser moitos e estar o máis unidos posible. A día de hoxe xa son uns vinte, os colectivos e asociacións que apoian a PDSPC, a cal, desde a súa fundación ven rexida, de forma provisional por unha Comisión Xestora, formada por sete persoas en torno a un “Manifesto” que recolle os puntos básicos sobre os que vimos traballando. Supoñemos que non será necesario indicar que as nosas portas están abertas a todas as persoas e colectivos que desexen colaborar. Polo tanto, a nosa vontade é a de unir e a nosa única bandeira é a defensa da sanidade pública, na que cremos firmemente, porque se hai algo do que estamos completamente seguros é que a nosa saúde non pode estar sometida ás forzas do mercado como calquer outro produto de consumo e ten que estar por riba das distintas cores, sexan éstas as que sexan.
Entre a busca de apoios, as entrevistas con profesionais, o encontro cos colectivos para explicar os nosos obxectivos, etc, a partir do verán, estivemos empeñados na denuncia das listas de espera en POVI$A, que como xa saberán polos carteles que se colocaron en moitos centros comerciais e lugares públicos de Cangas, son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia con gran diferencia sobre o resto. Chamamos a todos os veciños e veciñas de Cangas a que colaborasen, enviándonos a información que o SERGAS e POVI$A, aínda oculta á opinión pública. Por iso temos emprendido distintas iniciativas para levar este tema ao Parlamento de Galicia e á consellería a través do Concello de Cangas. Tamén nos preocupamos polas listas de espera en fisioterapia onde hai pacientes na espera ordinaria desde hai case tres anos. Apoiamos aos veciños e veciñas de O Hío que loitan polo seu CS, a pesar dos atrancos e enredos que durante estes últimos tempos lles foi poñendo o SERGAS no seu camiño. Neste sentido, temos denunciado os ridículos investimentos que a Xunta de Galicia, a través dos orzamentos de 2011 destina para Cangas: 50.000 € para o CS de O Hío e 0 € para o Centro de Alta Resolución do Morrazo, sendo a construción deste centro, outro dos obxectivos que reivindicamos desde a PDSPC, como infraestrutura necesaria para a emisión de diagnósticos, evitándonos os grandes desprazamentos aos centros hospitalarios de Vigo. En fin, temos solicitado unha entrevista á Conselleira de Sanidade para tratar todos estes temas aos que me veño referindo. Esperamos a resposta.
Ademáis, a PDSPC participa na iniciativa cidadá “SOS Sanidade Pública”, porque compartimos co resto das plataformas extendidas por todo Galicia o mesmo obxectivo e ese é o motivo de que teñamos convocado á cidadanía a unha grande mobilización en Santiago o próximo día 21 deste mes de novembro á que vos invitamos a participar. Diso falan os folletos que se repartían á entrada deste acto.
Nada máis de momento. Moitas grazas de novo e un saúdo moi especial á directiva da Asociación de Pensionistas e Xubilados “Santiago Apóstol”, pola súa colaboración para que este acto se poidese levar a cabo.
E sen máis preámbulos, porque a idea é de facer con esta charla-coloquio unha exposición completa, pero o máis breve posible sobre como está poñendo en práctica a Consellería de Sanidade o proceso de privatización ao que nos referíamos, déixoos cos nosos invitados; todos relevantes profesionais e expertos coñecedores da xestión pública da sanidade en Galicia."
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

10 comentarios:
Debemos pedir calidad en la atención y no que sea público o privado. SOLO CALIDAD.
A mi en Povisa siempre me atendieron genial, y quiero seguir allí.
Su argumento anónimo es un puro sofisma. No deseo el privilegio de gozar de las mayores listas de espera de Galicia; de estar en un centro hospitalario con la consideración de cliente de última categoría; de imposibilitar la planificacion necesaria para distribuir convenientemente la sanidad en todo el territorio;de facilitar a una empresa privada, cuyo último objetivo son los beneficios, la posibilidad de usar sus instalaciones y la falta de instalaciones públicas, como arma de chantaje contra el Sergas y también contra sus propios empleados. La sanidad privada jamás invertirá sus beneficios en investigación y formación; etc. etc. No deseo que se mezcle lo publico con lo privado. A través de mis cuotas a la seguridad social, estoy financiando un sistema de salud y jubilación público, solidario, igualitario, universal,etc.etc. Deseo que los empleados de la sanidad pública se dediquen en exclusiva a la sanidad pública -como por otra parte obligan todas las grandes corporaciones internacionales, la banca por ejemplo, a sus empleados; sería inconcebible que por las tardes trabajaran para la competencia;causarían baja inmediatamente. Podríamos seguir,pero no con demagogia y sofismas o tópicos.
El que quiera sanidad privada de verdad, que se la pague y no mezclemos las churras con las merinas.
Estimado anónimo2:
Para eso, lo que Povisa solicita es que Vd. sea libre de escoger en qué hospital quiere recibir atención médica. También solicita que el cálculo de todas las listas de espera se realice mediante el mismo método, y no que a Povisa la obliguen a usar el estándar internacional mientras que el Sergas utiliza un sistema retorcido y torticero para, simplemente MENTIR a la población. Por si esto fuera poco, imposibilitan, año tras año a Povisa a que reduzca sus ya de por sí buenas listas de espera, pagando por cupo de cirugías (si hace más del cupo, NO LAS PAGA). Así se garantiza que, de cualquier modo, los hospitales de la red pública siempre queden bien en los periódicos. Y de paso, que miopes como los de esta plataforma puedan seguir haciendo política barata a costa de una empresa y unos profesionales que se dejan la piel cada día en su trabajo.
La sanidad que da Povisa sí reinvierte (lleva 16 años haciéndolo) todos sus beneficios (íntegros, incluso lo que ha dejado de ganar porque el Sergas no le ha pagado) en Calidad, Formación, mejoras técnicas...
Lo que también le garantizo es que no hay ni un sólo profesional del Hospital Povisa que trabaje en la red pública. De hecho, tampoco tiene ninguno consulta privada y deriva a un lado o a otro a los pacientes a su antojo. Esto es así en parte por el concierto con el Sergas y en parte por normas de política interna.
Señor Anónimo2. La demagogia la hace EXCLUSIVAMENTE Vd.
Lo que buscan en la Xunta es que no le quede más remedio que buscarse sanidad privada, pues desean (como los MENTIROSOS de este blog) que baje tanto la calidad del servicio sanitario que se les ofrece, que no les quede otro remedio que hacerse seguros privados.
No tiene más que ver este enlace:
http://j.mp/a2R54X
Podrá comprobar fácilmente que Povisa es el hospital donde menos se paga por paga por paciente, donde la cama es la más económica, donde el coste por trabajador es el más bajo y, sin embargo, donde más camas hay por mil habitantes.
Si el Sergas hiciera listas de espera LÓGICAS, estándar y no torticeras, también podría quedar demostrado que hay diferencias de AÑOS entre la red pública y Povisa.
Por supuesto, en cumplimiento de niveles internacionales de calidad, en cumplimiento de la Ley de Protección de Datos, de protocolos sanitarios y premios internacionales... NO HAY COLOR.
Puedo estar orgulloso de trabajar en el mayor hospital privado de España y, seguramente, el mejor en casi todos los sentidos.
Pero Vd. debería poder tener el derecho de escoger dónde quiere ir... y Povisa la libertad de no soportarlo a Vd.
También debe Vd. poder escoger un hospital que A MI (que pago mis impuestos) me salga más caro (como el de Santiago) pero Povisa, y por ende los ciudadanos que estén adscritos a él, también deben tener el derechod de NO SER MENOS ciudadanos que los demás, y que su SALUD cueste lo mismo.
En el clínico de Santiago es a dónde derivan más dinero, y dónde tienen más medios. ¿Por qué no hay unidad de ictus de neurología para atención del infarto cerebral en Vigo? No lo hay ni público ni privado. Pídanla, para evitar muertes y secuelas graves de invalidez.
Unidad de ictus de neurología en Vigo, YA!!!!!
que lle pasa á empresa POVISA , está nerviosa porque pensa que vai perder a galiña dos ovos de ouro?.
Non se pode facer demagoxia barata falando de calidade dos servizos sanitarios que ten o POVISA en comparación co SERGAS, ainda que xa sabemos que os que oxe governan a Xunta, e polo tanto o Sergas , defenden a privatizacion do servizos públicos da sanidade, o que supón unha defensa clara de POVISA.
Os servizos sanitarios que dá POVISA son impresentables, listas de espera nas intervencións cirúrxicas mais altas de todo Galiza, servizos médicos totalmente deficientes, donde podes tirarte unha noite enteira no servizo de urxencias porque hai que facer un TAC e non se pode despertar ao radiólogo ata as 6,00 da mañá, onde o servizo de limpeza do hospital pasa a limpar as habitacions das persoas que están internadas ao tempo que son servidas as comidas, é decir á 1 ou 1.30 da tarde segundo a planta na que te encontres.
Que para o aseo dos pacientes tes que traer o xabón da casa e poden ser as 12,00 do dia e ter a unha persoa maior que usa cueiros sen cambiar de toda a noite e sen duchar.
As visitas médicas, nunca se sabe a que hora son, tendo que estar os familiares pendientes de que veña o médico á habitacion para enterarse da situación do enfermo e se non se pode falar diante do enfermo entón recíbese a información no pasillo, cando o médico poida, sin horario. Suponse que os familiares dos enfermos son liberados da política e teñen todo o dia libre.
Das comidas non se pode nen falar, aínda que hai tres menús para elexir, todos eles son "rancho" de persoas que van a traballar diariamente, desde logo non parecen para nada menús de persoas que están enfermas, pois por eso está no hospital; a froita é caseque imposible de conseguir, os zumes, as compotas, os flans e as natillas , todo é de "feituría" , non hai nada que sexa natural.
Aquí algunhas das escelencias da empresa "sanitaria" POVISA"
Perdona, pero por favor, antes de decir esas MENTIRAS, al menos, INFÓRMATE, o presenta públicamente las quejas al Servicio de Atención al Paciente que hayas hecho.
Eso, te lo puede decir un trabajador, es TODO UNA PATRAÑA.
Si quieres pasarte horas en urgencias, prueba el Xeral, o el Meixoeiro (¡ja, y sobre todo si es por un TAC!)
Las visitas médicas son ¡qué duda cabe! cuando tu médico las puede hacer. Si están en un quirófano con una complicación o una urgencia (por ejemplo) es evidente cuál es la prioridad. Y será mejor -digo yo- que venga el tuyo más tarde que no un médico que no te conoce de nada a su hora. ¿No?
¿Ves? En algo sí te doy la razón que tenemos que intentar mejorar: las comidas.
Que no sea por autocrítica constructiva.
As queixas por suposto que as presento, ainda que da atención ao paciente de POVISA deben estar totalmente saturadas e agora xa decidin que vou ir poñelas directamente na inspeccion médica.
Para ser un traballador da sanidade ignoras bastante como funciona un hospital. Exemplo: Os que operan son ciruxans e polo tanto o médico que atende a un enfermo que non é operado pode establecer perfectamente un horario de atención á familia como SI EXISTE NO XERAL, que é público e donde a atención médica e hospitalaria no sentido profesional é impresionante, por suposto nada que ver coa mediocridade de POVISA e seino porque teño un fillo menor de 14 anos e cando ten que acudir ao hospital ten que facelo ao Xeral e sei como funcional, tamen sei como funciona o servizo de urxencias de POVISA, donde hai un médico que fai unha primeira consulta podendo tardar horas en ser atendido aínda que vaias cun cólico nefrítico e morras da dor, ou teñas un brazo roto e te ingresen un mércores e non te operen ata o luns da semana seguinte.
Esto ocurre en POVISA, dia sí e dia tamén.
Xa non vou falar do sistema que montaron agora no 120 da Gran Via de consultas externas que como vaia unha persoa maior directamente volvese loca, pois supoño que todos sabedes que agora non hai mostradores nin te avisa unha enfermeira para que pases, cando entras tes que meter nunha máquina a folla da cita para que che saque un código de números e letras totalmente ilexible para unha persoa maior e que logo será a que che saia na pantalla para indicarche que debes pasar á consulta. Cada vez que teño que acudir con un familiar maior entralles a depresión pensar que eles sós non poden ir ao médico porque non son capaces de entender os códigos e seguilos a través dunha pantalla de televisión.
QUERO IR Á SANIDADE PUBLICA, á por certo anda por ahí un panfleto que dí que nos eleximos ese hospital "
MENTIRA", aos habitantes da peninsula do morrazo obrígannos a ir a POVISA, QUEIRAMOS OU NON.
Non vou discutir cómo funciona o sistema médico cun total descoñecedor... (xa sabes aquelo de que falar con tontos volve a ún tonto). Ademáis, que a túa primeira frase refrenda o teu completo descoñecemento.
Con respecto a gran vía, non hai ningún problema de uso, e o sistema é para defender ó dereito ó anonimato que ten todo pacente. É a lexislación a que nos obriga a cambiar o sistema... Se o Sergas non se atañe á lexislación é o seu problema. Pero ademáis, dispoñen de bastante persoal presto a axudar a calqueira que o necesite. Eu teño familiares también velliños que van soíños e non necesitan da miña axuda nen da de ningún outro familiar.
Precisamente, o que pretende Povisa, é que poidas escoller vir a Povisa ou a outro hospital da rede pública (xeral, meixoeiro ou provincial). Estamos totalmente en contra de esa obriga.
Como estamos en contra de que, só por ser dunha zona (Morrazo, Baiona, Gondomar...) se de por suposto que a nosa SALUD valórese menos que a do resto dos galegos.
"Estamos totalmente en contra". Ese plural, é acaso que se fala en mome da empresa? "É a lexislación a que nos obriga..." A quen? Á empresa?
Eu creo que ti es unha desas "cargos intermedios" (quizás Sara Palin) que anda a chantaxear aos traballadores apañando asinaturas para defender os intereses do grupo empresarial de Silveira / Pintado.
POVISA NON GRACIAS!
¡Xa me gustaría a min ser un cargo (inda que fora intermedio) e non ser simplemente un auxiliar administrativo!
E sí, é a lexislación a que nos obriga a facer cambios, a dixitalizar a historia clínica, a non ter en ningún lugar público nomes e apelidos de pacientes, a non chamálos a berros polo seu nome, a desfacernos de toda a documentación con datos privados...
E sí, é (esto cho digo agora) a administración a que nos obriga a manter unhas listas de espera que poderían ser moito menores, limitándonos o número de cirurxías a realizar anualmente (por darche outro exemplo).
Evidentemente, estas obrigas son para a empresa e, por ende, para o resto dos empregados.
Seica non son tales para a administración pública que pásase tales polos mismísimos...
En calqueira caso, gustaríame que comprendeses que eu apóiote no teu particular "POVISA NON GRACIAS!"... de feito... non quero que teña que vir a Povisa ninguén obrigado.
Queremos dar un bó servicio á poboación, pero non como unha obriga.