14 oct 2010

postheadericon Resolucións da asemblea celebrada o 14 de outubro de 2.010

Na asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidadade Pública de Cangas celebrada o xoves, día 14, tomáronse as seguintes resolucións:
  1. Solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade para:
    • Que nos explique que pensa facer e cando para acortar as listas de espera en POVISA.
    • Que, con relación a anunciada posibilidade de optar por ser atendidos en POVISA ou nun hospital público, concrete o contido da expresión “libre elección dos cidadáns”, porque o que a nós nos interesa é canto haberá que esperar para que se produza esa posibilidade e se, cando chegue o momento, os veciños e veciñas de Cangas poderemos elexir o centro hospitalario en igualdade de condicións que o resto dos usuarios da área sanitaria ou, polo contrario, terémonos que poñer á cola doutra “lista de espera”.
    • Que nos diga cales son os prazos previstos para sacar a licitación o Centro de Saúde de O Hío.
    • Que nos dea a coñecer máis en detalle o estado do proceso para a construción do anunciado centro de alta resolución (CAR) do Morrazo, en canto a posible ubicación, área de influencia, modelo de financiamento e previsións para a súa entrada en funcionamento.
  2. Dirixirnos aos distintos grupos parlamentarios para plantearlles a urxencia de aunar esforzos na adopción das medidas oportunas conducentes á redución dos tempos de espera nas listas de espera cirúrxicas de POVISA (121,9 días), que están, con moita diferencia, moi por riba da media do resto dos hospitais públicos de toda Galicia (71 días).
  3. Expresar a nosa adhesión á plataforma cívica “SOS Sanidade Pública” (*) e apoiar a convocatoria de manifestación do 21 de novembro que terá lugar en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública.
Cangas, 14 de outubro de 2.010

(*) SOS Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger