8 oct 2010

postheadericon O 21-N, protesta contra privatizar a sanidade

Plataformas en defensa da sanidade pública de Galicia preparan unha manifestación para o 21 de novembro ás 12.00 horas en Santiago, segundo avanzou o voceiro da organización viguesa, Manuel González, quen explicou que a mobilización ten o obxectivo de reunir a cidadanía para expresar o seu rexeitamento á "privatización" da sanidade. O voceiro da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo realizou este anuncio durante unha concentración realizada onte nos terreos que ocupará o novo hospital de Vigo, e onde decenas de persoas –entre elas representantes de sindicatos, de partidos como PSdeG e BNG, de traballadores do ámbito sanitario e representantes veciñais de Vigo, Cangas e Moaña– manifestaron o seu desacordo co modelo de financiamento elixido para a construción da infraestrutura sanitaria.
Publicado en Galicia Hoxe

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger